Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Autores/

Ramón Sanjurjo Pardo
(San Mamede de Oleiros, Vilalba- Mondoñedo). Avogado de profesión, Ramón Sanjurjo investiu moitos anos na recollida de información para elaborar a súa obra sobre os bispos mindonienses.

Como historiador é moi crítico con Enrique Flórez e a súa España Sagrada pero o certo é que se inspira bastante en ella malia que a diverxencia entre a forma de facer historia entre ambos autores é evidente. En calquera caso, o seu traballo constitúe un importante esforzo de reivindicación da igrexa mindoniense e aínda hoxe ten certa utilidade, sobre todo para os historiadores do Antigo Réxime e século XIX ao aportaren datos e documentos de grande interese.