Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Tombo de Celanova (Séc. X-XI)
Ed. José M. Andrade, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1995, 2 vols.


O Tombo de Celanova é o conxunto documental máis completo para o coñecemento da Galicia dos séculos X-XI.

O Tombo de Celanova pertence, por dereito propio, a eses conxuntos documentais que poden caracterizarse como icónicos. Grazas a el, e aos seus case 600 documentos, é posible albiscar  persoeiros e sucesos vinculados coa historia do mosteiro bieito e achegarse a unha panorámica rica e dinámica da Galicia na que sucederon eses procesos que os historiadores denominan «revolución do ano mil» e «cambio feudal».

Os reis asturianos, Rosendo, Ilduara ou os abades celanoveses, en efecto, teñen singular presenza neste códice. Ao seu carón pódese entrever tamén a vida da comunidade monástica, a progresiva humanización do territorio ou a organización das comunidades aldeás. O Tombo é unha xanela aberta a Galicia —sobre todo a suroriental— daquel tempo.

 

Materiais complementarios