Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo
Transcrición íntegra dos documentos de
Enrique Cal Pardo

O arquivo medieval da igrexa de Mondoñedo contén tombos e documentos soltos. Esas pezas illadas son as que agora se publican en texto íntegro.

O arquivo medieval da igrexa de Mondoñedo contén tombos e documentos soltos; esas pezas illadas son as que aquí se publican en texto íntegro. En conxunto, son un instrumento básico para o coñecemento da sé e territorio diocesano xa que son principalmente escritos que amosan a relación de persoas e entidades coa Igrexa: reis, papas, mosteiros, individuos, etc.

 

Son privilexios, nomeamentos, aforamentos, doazóns, escritos xudiciais… pero tamén algúns escritos senlleiros polo seu valor para o achegamento ao espazo diocesano, como os cadernos do subsidio, concordias de carácter xurisdicional ou as letras pontificias.

 

Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1999. 594 pp.; 24 cm.
Máis de 200 pezas documentais, datadas entre 891 e 1491; papel e pergamiño; latín, galego e castelán. Procedencia: Arquivo da Catedral de Mondoñedo.

 

Estudo

Materiais complementarios

  • Cal Pardo, E.: "El archivo de la Catedral de Mondoñedo", Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol, n.º 2 (1986), pp. 441-453. »Descargar.
  • Cal Pardo, E.: "Breve historia da diócese de Mondoñedo", Rudesindus. Miscelánea de Arte e Cultura, n.º 1 (2007), pp. 105-123. »Descargar.
  • Cal Pardo, E.: "La lengua gallega del siglo XIII en los calendarios de la Catedral de Mondoñedo", en Manuel C. Díaz y Díaz (coord.), Escritos dedicados a José María Fernández Catón, León, Centro de Estudios e Investigación “San Isidoro”, 2004, vol. 1, pp. 111-131 (Colección Fuentes y Estudios de Historia Leonesa / Caja España de Inversiones, Diócesis de León; n.º 100). »Descargar.