Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Libro do Concello de Santiago (1416-1422)
Ed. de Ángel Rodríguez González, coa colaboración de Mª del Pilar Rodríguez Suárez, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1992, 444 pp.; 24 cm.
Ángel Rodríguez González

O códice máis antigo que se conserva do Concello de Santiago. As súas páxinas achegan infinidade de datos sobre a vida urbana: urbanismo, finanzas, exercicio da xustiza, seguridade pública, comercio, etc

Desde os séculos medievais, algúns concellos galegos acostumaron rexistrar por escrito os acordos vinculantes tomados polo Concello. Este foi o caso de Santiago, sendo este códice o máis antigo que se conserva. Polas súas páxinas pasan os feitos cotiáns da cidade nos que intervén a corporación municipal, de xeito que as súas páxinas achegan unha infinidade de datos sobre a vida urbana: urbanismo, finanzas, exercicio da xustiza, seguridade pública, comercio, etc.

 

Os anos concretos que abrangue permiten, ademáis, que nos acheguemos desde unha perspectiva diferente ao devir dos difíciles anos da minoría de Xoán II e ás dinámicas de confrontación e colaboración do Concello coa Igrexa e o seu prelado; especialmente significativa é a información que proporciona sobre o control que a partir de 1420 exercen os gremios sobre o Goberno municipal.

 

Como complemento, o autor ofrece a edición dun pequeno caderno de escritos relacionados co arrendamento e cobro dos servizos do rei no período 1418-1421.

 

Códice de 96 folios en papel e pergamiño, e un caderno solto de 30 folios en papel; datados entre 1416 e 1422; galego e castelán. Procedencia: Arquivo Histórico da Universidade de Santiago e Biblioteca da Real Academia de la Historia.

 

Estudo

 

Materiais complementarios

  • Sánchez Sánchez, X.M.: A colección López Ferreiro do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela. »Descargar.