Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435)
Ed. de Ángel Rodríguez González e José Armas Castro, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1992. 249 pp.; 24 cm.
Ángel Rodríguez González e José Armas Castro

Un dos escasos exemplos conservados de libros notariais en Galicia. As escrituras autorizadas por Lourenzo Eáns e Xoán Afonso reflicten a viveza e dinamismo da sociedade en que se outorgan.

 

 

Malia a antigüidade da práctica rexistral en Galicia, son moi escasos os exemplares de libros notariais conservados procedentes dos tempos medievais, agás casos concretos, como sería o das oficinas notariais de Ourense, Tui e Santiago. 

 

Deste feito resulta unha lagoa fundamental no conxunto documental herdado xa que este tipo de instrumentos conteñen con frecuencia escrituras que ilustran a vida urbana, o comercio, as relacións interpersoais, etc., dun xeito que dificilmente albiscamos noutros formatos arquivísticos.

 

Esa riqueza e variedade informativa, propia dos rexistros notariais urbanos, é doada de apreciar neste volume. En efecto, as escrituras autorizadas por Lourenzo Eáns e Xoán Afonso reflicten dun xeito ben global a viveza e dinamismo da sociedade e que se outorgan e, ao tempo, ilustran sobre os pormenores e procesos do oficio sobre o que descansa a súa memoria, o labor notarial.

 

Libro de 68 folios en papel (300 mm x 215 mm) que contén 144 escrituras privadas outorgadas entre 1433 e 1435; galego. Procedencia: Museo de Pontevedra, colección Casto Sampedro.

 

Estudo

Materiais complementarios

  • Ferreira Priegue, E.M.: "Galicia en la marisma de Castilla, la dinámica de los intercambios mercantiles", en B. Arízaga Bolomburu e J.A. Solórzano Telechea: Ciudades y villas portuarias del Atlántico en la Edad Media. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos, 2005; pp. 165-186 »Descargar.
  • Ferreira Priegue, , E.M.: "Mercaderes gallegos de la Edad Media: una aproximación pendiente", Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 12 (2001); pp. 19-34. »Descargar.
  • Solano Fernández-Sordo, Á.: "Historia urbana en la Galicia medieval. Balance y perspectivas", Cuadernos de Estudios Gallegos, v. 57, n. 123 (2010); pp. 55-90. »Descargar.
  • Armas Castro, J.: "Transformaciones sociales y relaciones de poder en una Villa de Señorío. Pontevedra, siglos XIV-XV", Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 4 (1992); pp. 191-210. »Descargar.