Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Os documentos do Tombo de Toxos Outos (1038-1334)
Ed. de Francisco J. Pérez Rodríguez; Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2004
Francisco J. Pérez Rodríguez

Contén case 800 escritos, desde a crónica da fundación ata sinxelas relacións de bens pasando por solemnes privilexios reais. É un códice singular polas miniaturas de influencia francesa que adornan estes privilexios.

Este tombo, como revela o seu propio nome, é un instrumento de natureza arquivística no que se foron copiando documentos relacionados principalmente co patrimonio do mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos. É, xa que logo, un testemuño da memoria permanente desta casa monástica e non tanto da xestión cotiá. Contén case 800 escritos de variada tipoloxía, desde a crónica da fundación ata sinxelas relacións de bens pasando por solemnes privilexios reais ou máis prosaicas doazóns ou mandas de particulares.

Malia ter sido un tanto maltratado polo paso do tempo, é evidente que foi confeccionado con suma atención, tal e como denotan a fermosa minúscula diplomática coa que se escribiu e a coidadosa posta en páxina. Trátase dun códice singular polas miniaturas de influencia francesa que adornan os privilexios reais.

Códice de finais do século XIII; contén 796 documentos, a maioría redactados de 1038 a 1334 en latín, galego e castelán. Procedencia: Arquivo Histórico Nacional (Madrid).

 

Estudos

 

Materiais complementarios

  • Oro, C.: “Los apodos según algunos documentos medievales gallegos”, en A lingua galega, historia e actualidade. Actas do I congreso internacional, Santiago, Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega, 2004, pp. 533-548.» Descargar.
  • Boullón Agrelo, A.I. (ed.): Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega, 2007. » Descargar.
  • Guajardo-Fajardo Carmona, M.A.: “Fundación y orígenes del dominio del Monasterio de Tojos Outos (siglo XII)” en Historia, instituciones, documentos, 16 (1989), pp. 357-374. » Descargar.
  • Martínez Lema, P.: A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV). Tese de doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela, 2010. » Descargar.