Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Documentos da Catedral de Lugo. Século XV (1400-1500)
Ed. de María José Portela Silva, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2007.
María José Portela Silva

Todo tipo de escrituras que ilustran a actividade do cabido e do bispo lucense, algúns aspectos da vida diocesana e mesmo algúns dos moitos sucesos conflitivos do século XV.

Esta obra presenta por orde cronolóxica o conxunto de escritos conservados outorgados pola Igrexa lucense. Son pezas soltas e instrumentos procedentes de tombos e cadernos que constitúen unha ferramenta formidable para o achegamento á súa realidade.

 

Todo tipo de escrituras, aínda que sobresaen as relacionadas coa administración patrimonial, ilustran a actividade do cabido e do bispo lucense, algúns aspectos da vida diocesana e, mesmo, algúns dos moitos sucesos conflitivos do século XV na cidade. Con este volume péchase o ciclo documental da Baixa Idade Media lucense, iniciado con outros dous, dedicados ao século XIV, publicados posteriormente.

 

513 pezas documentais, datadas entre 1400 e 1500; escritas en galego e castelán sobre pergamiño. Procedencia: Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

 

Materiais complementarios

  • Pallares y  Gayoso, J.: Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes, Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la gouernaron. » Consulta externa.
  • Flores, E.: España Sagrada: De la Santa Iglesia de Lugo continuación de su historia desde el siglo XII hasta fines del XVIII. » Consulta externa.