Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Fragmentos de notarios (Séculos XIV-XV)
Ed. de Anselmo López Carreira; Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2007, 495 pp.; 24 cm.
Anselmo López Carreira

Dous mazos de escrituras de diferentes autores e cronoloxías procedentes de diversas notarías de Ourense, cunha gran riqueza e variedade de contido.

Os dous mazos da serie Fragmentos de notarios do ACO conteñen escrituras de diferentes autores e cronoloxías, cadernos completos e follas soltas. Os medievais ―que son os que aquí se editan― teñen a súa orixe en libros de notas procedentes de diversas notarías da cidade de Ourense. A súa heteroxeneidade en canto a volume ou procedencia vese compensada pola riqueza e variedade do seu contido.

 

Autos do Concello ou dos tribunais e instrumentos privados constitúen o groso desta colección documental que, por chegar a nós a través do rexistro notarial, ten tamén un relevante interese diplomático e lingüístico.

 

Cadernos e follas soltas procedentes de protocolos de notarios de Ourense dos séculos XIV e XVI. En total case 500 pezas documentais. Procedencia: Arquivo da Catedral de Ourense.

 

Estudo