GMH/ÍNDICE A-Z

1121
1457, marzo, 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Pedro Fernández e a tres voces unha casa na rúa de Burgo Novo, freguesía de Santiago, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 7 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos et damos aforo et averbo a vos Pedro Fernandes de Mera, noso concanonigo, por vosa vida et de outras tres personas, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamiento et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et asi das outras suçesive ata que seian conpridas as ditas personas, huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual he sita en esta çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, sub o signo da Capela de Santiago, et ias a par de outra casa de Lopo Lopes de Goyos, en que el ora mora, de huna das partes et da outra cabo de outra casa en que agora mora Ignes de Ludrio et topa en a rua publica, a qual vos aforamos con todas suas seydas et entradas et con todos seus dereytos, segundo que ella a nos perteesçe et a os ditos aniversarios, a tal pleito et condiçion que façades et levantedes a dita casa de balcoos de anbas las partes a a quatro anos primeyros segentes, sub pena que se o asi non fezerdes que pergades o dito foro por esse meesmo feyto; et dedes de foro dela vos et as ditas personas, en cada un ano, a nos ou a noso rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios seys maravedis de moneda vella de longos por dia de San Martino do mes de novembre en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo, et tenades vos et as ditas personas a dita casa levantada, cuberta et ben reparada que se non perga por mingoa de reparo, et con condiçion que cada huna das personas sobreditas, que suçederen en o dito foro, que seia tiuda et obligada de se viir mostrar seer foreyra del a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreyra ata trinta dias logo segentes, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, da dita casa que ela fique feyta, cuberta et ben reparada a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu o dito Pedro Fernandes, canonigo, que presente soo asi reçebo o dito foro da dita casa de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer et conprir et gardar et pagar todo o suso contiudo en esta carta de foro.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Pedro Fernandes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos seellar o foro de vos, o dito Pedro Fernandes, con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia esta feyra, viinte et çinco dias do mes de março, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Diego Fernandes, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Martines, coengos da dita iglesia de Lugo.