GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

51
1433, agosto, 5

Pero Cruu, o vello, xurado de Pontevedra, vende a Costanza Vasques, moradora na Rúa do Rego, de Pontevedra, o foro e pensión que el ten sobre as casas en que ela vive, por precio de 250 maravedis.

(f. 22 v)

Ano, dias, do dito mes de agosto. Sabean todos que eu, Pero Cruu, o bello, jurado da villa de Pontevedra, que soo presente, et que faço por min et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Costança Vaasques, morador ẽna Rua do Rego, da villa de Pontevedra, que sodes presente, et a todas vosas vozes dez maravedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, que eu ey de penson et foro en cada un ano para senpre ẽnos balcõos et eixido das casas en que vos agora morades, que foron de Tareja Alvares, vosa madre, et vendo por senpre os ditos dez maravedis que asi avia et ey ẽnos ditos balcõos et eixido de trebuto et foro et penson en cada un ano em salvo, como dito he, con mas todo o dereito et propiadade et boz et dereito et auçon que eu ey et ddevo aver ẽnas ditas casas et balcõos et eixido, conven a saber, por contia de dosentos et çinquoenta maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos dosentos et çinquoenta maravedis da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio etc. et se o diser etc. et se mas bal etc. todo jur etc. anparar etc. pena o doblo et a pena etc. todavia etc. Et eu a dita Costança Vaasques, que asi soo presente et que faço por min et por las ditas mĩas bozes asi o reçebo. Ts. Pero de Melide, Gomes Tascado, criados do dito Pero Cruu, et Gonçalvo de Deça et Juan de Oroña, criados de don Juan, abade de Melom, et outros. Feita.