GMH/ÍNDICE A-Z

202

1483, setembro, 15. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de foro que fixo o Cabido da Catedral de Mondoñedo a favor de Pedro de Oirán e da súa dona María Corbelle dunha casa sita na cidade de Vilamaior-Mondoñedo, que lindaba coa rúa pública.
A, perg., irregular, de letra moi esvaecida, con signo notarial, de 190 x 335 mm. Letra cortesá.

Sepan quantos esta carta de foro viren commo nos el dean et cabildo da iglesia cathedral da çibdade de Vilamayor estando enno coro da dita iglesia chamados por son de canpaa tangida segundo que lo avemos de / vso et de costume entendendo que fasemos prol et boo paramento noso et da dita iglesia et dos nosos sucesores que depoys de nos vieren a ela aforamos aforamos (sic) et damos a foro a vos Pedro de / Oyran et a vosa muller Maria de Corbelle et para todas vosas voses para senpre jamas a nosa casa et forno que foy de Maria Çapateyra alto et baixo con seu seydo commo topa de hua parte en casa / de Johan Caao et da outra parte commo topa en vyna de Pedro Gonçales et da outra parte commo topa enna casa en que mora Johan d-Oyran voso padre et da outra parte commo topa enna rua publica por la qual dita / casa et orta vos o dito Pedro d-Oyran et vosa muller Maria Corbelle et vosas voses personas de vos descendentes nos avedes de dar et pagaar en cada vn anno por cada dia de san Martinno de nouenbro / a o que for noso mayordomo seis mor. vellos de tres blancas vellas et vn dineiro cada mor. ou moeda que tanto valla et con esta condiçon que vos o dito Pedro d-Oyran et vosa muller et voses de vos / descendentes et herdeyros que la non pasades vender a persona ninguna sen consenso de nos o dito cabildo et querendoa el dito cabildo tanto por tanto quanto outro por ela der con verdade que la aja por lo dito / justo preço et non la querendo que la vendades a persona que non seja poderosa nin a iglesia nin a moesteyro saluo a persona synple que repare ben a dita casa et saydo que se non perga por mingua / de reparo et laboria et pague en cada vn anno os ditos seys mor. vellos ou a valor deles. Et el dito Pedro d-Oyran que presente estaba diso que por las mesmas condiçoes reçebia a dita casa / et saydo et diso que abligaba a sy et a todos seus bees mobeles et rayses avydos et por aver et de todos os seus sucesores de reparar ben a dita casa et orta et pagar en cada / vn anno os ditos seys mor. vellos aquel que for mayordomo del dito cabildo. / Et los ditos sennores sobreditos dean et cabildo diseron que asy lla aforaban et daban en entregaban seguno / arriba bay declarado. Et el dito Pedro d-Oyran diso que desde aly a reçebia et logo reçebeu. Do qual todo as ditas partes mandaro a min notario que feçese delo duas cartas de foro anbas en vn / thenor hua para o dito cabildo et outra para o dito Pedro d-Oyran muller et todas suas voses et rogaron aos presentes que fosen delo testigos. Que foy feito et outorgado enno sobredito coro da / dita iglesia a quinse dias del mes de setenbre anno del nasçemento de noso Sennor Jesucristo de mil et quatroçentos et oytenta et tres annos. Testigos que foron presentes Afonso / Rodrigues Andre Garçia raçioneyros et Ruy Garçia Coo et Pedro Garçia de santo Andre clerigos do coro de la dita iglesia.
Et eu Pedro Ares de Vaamonde canonigo et notario publico del sennor obispo de Mondonnedo en la sua çibdade de Vilamayor et en todas las outras vilas et lugares/ de todo el su obispado et notario de los sennores del cabildo de sus autos capitulares a todo lo de arriba que dito he en vn con los ditos sennores et testigos presente / foy et asy lo vy et oy et en mina nota et registro lo reçeby et este publico de instromento de foro escripui et a rogo de las ditas partes aqui puge meu nome / et signo acustumado que taes son en testimoyo de verdade rogado et requerido. (Signo, que na parte inferior ten: Petrus Arie canonicus et notarius (Rúbrica).

(Reverso):
M. viii. n. 38. Foro de Pedro d-Oiran de la casa de la rua de Sendin.