GMH/ÍNDICE A-Z

71

1307, marzo, 16. Vilamaior-Mondoñedo.
Carta pola que Pedro Fernández de Valoría lles vende a Martiño Peláez, mestrescola, e a outros cóengos de Mondoñedo, cumpridores do falecido Martiño González, arcediago de Azúmara, a metade da horta e viña que tiña en Labacido, para custear coa súa renda o aniversario do devandito arcediago.
A, perg. irregular, de 110 x 260 mm. Letra semigótica.

Era mª cccª xlv et o conto xvi dias de março. Cunuçuda cousa seia a quantos esta carta uiren commo eu Pedro Fernandes de / Valouria en sembra con minna muller Marina Fernandes vendemos a uos don Martin Pelaes maestrescolla et a uos Ruy Peres et Martin Iuhannis / coengos de Mendonedo exsecutores de don Martin Gonçalues archidiago d-Asumara que foy a nossa meatade da orta et da vina con sua herdade que nos / auemos in Labaçido da qual orta a outra meatade he de Johan Fernandes ferreyro et de sua muller Maria Martines a que a uos uendemos commo se departe / do herdamento que foy de Mayor Yanes et da vina do cabidoo et commo se departe do herdamento de Juhan Pellao et perla rua antigua que uay /para Valouria a qual orta uos uendemos con foro dun soldo de Leon cada anno a qual orta se conpra para o cabidoo de Mendonedo que ha / de faser por ella aniuersarias per la alma do sobredito archidiago don Martin Gonçalues cuios foron os dineiros con que se conpra. Et recebemos / de uos por prezo et por reuorason quinentos mor. desta moneda de rey don Fernando dos quaes nos outorgamos por ben pagados / et outorgamos per nos et per todas nossas boces a faseruola sempre de pas et tiramosnos et nossa uos do iur et da possisson da dita / orta vina et herdamento et metemos y uos deste dia endeante. Testemoyas Domingo Caton. Pero Barachel. Fernando Yanes. Domingo Peres dito / Paton. Martin Martines. Pero Fernandes et Domingo Yanes clerigos. Eu Affonso Eanes publico notario jurado / dado do bispo en Villamayor esta carta scriui a rogo das partes et meu / sinal puge (Signo).

(Reverso):
A.22. M. iiii n. 86. Carta de benta de la horta de Labaçido desta ciudad- Cabidoo.