GMH/ÍNDICE A-Z

105
1434, febreiro, 22

Pero Cruu o vello, xurado de Pontevedra, afora para senpre a Marcos Carneiro e á súa muller catro leiras de viña na freguesia de San Mamede de Moldes, por foro do tercio do viño.

(f. 51)

Este dia. Sabean todos que eu Pero Cluu o vello, jurado da vila de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas minas vozes, aforo et dou en aforamento, desde oje este dia en diante para todo senpre, a vos Marcos Carneiro morador na dita villa, que sodes presente et que aforades por vos et en nome de vosa moller Catalina Anes et por todas vosas vozes et suas, as minas quatro leiras de vinha (sic) dizema a Deus que a min pertesçem por erança de meu tiio Pero Cruu cuja alma Deus aja, que som ena fiigresia de San Mamede de Moldes, as quaes se partem et devisam en esta guisa.

(Tres liñas deixadas en branco polo notario)

Et aforovos como dito he as ditas leiras de viñas por tall pleito et condiçon que as lavredes de poda, cava, rodriga, arenda et as esterquedes et muredes et valedes et requirades de todolos outros lavores que ouvesen mester em manerira que se non prcam por mingoa de labor et cousura, et do viño que Deus em elas der devedes de dar, vos et a dita vosa moller et vosas vozes a min et minas vozes em cada huun ano en salvo, o terço do viño mosto aa dorna, o dizemo anta Deus pago de conssũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feitio, et devedes vindimar o viño das ditas viñas por min ou por meu home, et proveer de comer et de vever a min ou ao que por min ou por minhas (sic) vozes estever ao partir do dito viño, et avendo de vender ou sopenorar este dito aforamento et o feitio que ende fezerdes, a min et a minhas vozes o devedes fazer tanto por tanto segundo que vos outro der, querendoo nos // et non o querendo, que enton o façades a person semitavell de vos.

(O resto do folio en branco)

Airas Lopes pedreiro.