GMH/ÍNDICE A-Z

560
1350, agosto, 11. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle, durante cinco anos, a Afonso Fernández, clérigo de San Vicente de Ulloa, o couto de Maceda, agás o casal de Ulloa, por renda anual de 70 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 70v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en cabidoo segundo que avemos de huso et de custume, arrendamos a vos Affonso Ferrnandes, clerigo de sam Viçenço de Hulloa, o nosso couto de Mançeeda, que he dos aniversarios, con suas pertenenças et dereyturas, segundo que o ora tragia et husava por nos Lopo Sanches de Hulloa, sacado ende o casal de Hulloa, deste janeyro primeyro que ven da era desta carta a çinquo annos, por tal condiçon que paredes ben o dito couto et mantenades as casas del en boo estado, et que nos dedes, en cada hun destes annos, por renda et reverença del seteenta moravedis desta moneda que ora corre, a oyto soldos o moravedi, a quen ouver de recadar os aniversarios, en pas et en salvo enna villa de Lugo, sen outro desconto nehun, por dia de San Martino, sub penna das custas et de çinquo moravedis cada dia, quantos dias pasaren deslo praso endeante, non o comprindo asy commo dito he, et a cabo destes çinquo annos compridos o dito couto ha de ficar a nos et a nosa iglesia livre de vos et de vosa voz, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu o dito Affonso Ferrnandes, clerigo, asy reçebo esta renda do dito couto de vos, dayam et cabidoo sobreditos, et obligo por todos meus beens, iglesiarios et leygarios, de o conprir asy et pagar esta dita renda commo sobredito he. Et para o mellor conprir commo dito he vos dou por fiadores et devedores et prinçipaes pagadores conmigo de mancumun et cada hun por lo todo a Iohan Gomes, clerigo de Santa Marina de Coyna, et a Lopo Rodrigues de San Miguel de Gallineyros, et a Iohan Eanes, prelado de San Çibrao da Respostaria, presentes et outorgantes a esta fiadoria et deveda commo sobredito he, por sy et por seus beens iglesiarios et leygarios. Et por que esto seia çerto nos, las partes sobreditas, rogamos et mandamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo, onse dias de agosto, era de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Thomas Gomes, coengos de Lugo; Gonçalvo Eanes, raçoeyro; Afonso Lopes, prelado de San Fiis de Çerdeyras; et Lopo Peres, porteyro, ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario del rey en Lugo, que a esto que dito he presente foy con as ditas testemoyas et por rogo das partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.