GMH/ÍNDICE A-Z

139

1420, febreiro, 24.
O pregoeiro Domingo Longo, declara ter efectuado o pregón sobre que os arrendadores fosen á casa do recadador Fernan González.

Sabado viinte e quatro dias do mes de fevereiro, en presença de min Rui Martines, notario publico jurado, da çidade de Santiago por la igllesia de Santiago e das testemoyas adeante escriptas paraeçeu Domingo Longo, pregoeiro do conçello da dita çidade e diso (e dou fe) que el por mandado do conçello, alcalles e regidores e omes bõos da dita çidade pregoara altas voses por las plaças e mercados acostumados da dita çidade o contiudo en hũu scripto que (diso) que lle fora dado da parte do dito conçello do qual o thenor he este que se sige:  
Oyde que mandan os alcalles e omes bõos, jurados da çidade que todos los arrendadores que fosen este anno pasado desta çidade do anno de mill e quatrocentos e des e nove annos que vãa logo a casa de Fernan Gonçales recabdador a reçeber cartas de pago cada hũu da sua parte da alcavala que tevo37 arrendada e faser pago do que deven ata domingo en todo o dia e o dito Fernan Gonçales lles tornara suas obligaçoes e recabdos que sobre cada hũu ten e non o fasendo asi os ditos arrendadores que eles e seus bẽes ou cada hũu deles sejan tiudos ao conçello dello pagar os maravedis da carta de toma que o arçobispo mandou tomar ennas ditas alcavalas o qual escripto presentado diso que fesera o dito pregon segundo dito avia e que eu o dito notario dese delo testemoyo a aquela persona ou personas que mo demandasen. Testemoyas que a esto foron presentes: Fernando Gonçales de Oviedo, visino de Abilles e Jacome Garcia Queijo e Juan Raposo, canbeador, e Fernand Peres escrivan e Juan Martines do Vilar, visiños da dita çidade


37 Corrixido sobre a palabra te.