GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-40
1437, febreiro, 15
Álvaro Fernández, carniceiro, e o notario Álvaro González, como fiador, obríganse a pagar ao Concello 850 mrs. polo arrendamento da renda de pesos e pagas. (fol. 29v)

Obrigaçon de pesos et pagas.

(Anno domini Mº CCCC XXXVII, a XV dias do mes de fevereiro, Alvaro Fernandes carniçeiro como devedor prinçipal et arrendador et Alvaro Gonçalves notario seu fiador, ambos de man comun etç. obrigaron sy et todos seus beens por dar et pagar ao conçello da çibdade d’Ourense e a Meen Suares procurador do dito conçello, oytoçentos e çinqoeenta mrs. branca en tres dños., os quaes DCCCL.- se obrigaron de dar et pagar por la renda de pesos et pagas do dito conçello que do dito procurador arrendaron este dito anno, segundo que a o dito Alvaro carniçeiro tevo o anno pasado, et obrigaronse de dar os ditos mrs. aos terços do anno, penna do dobro etç., obrigaçon forte e firme por sy e por seus beens etç. Tests. Afonso do Cabo e Joan Ferro et et Joan do Bouteiro)*. (fol. 29v)