GMH/ÍNDICE A-Z

490
1434novembro, 22
O alcalde ordena desfacer a obra dunha casa da que o balcón sae en exceso sobre o adro de Santa María Madre e bota augas sobre el. (fols. 150v-151)

Ares Gonçalves e o alcallde.

Lues viinte e dous dias do mes de novenbro, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça, o dito alcallde mandou a Pero Lopes e Afonso carpenteiro e a Gonçalvo Rañoo que eran presentes et a Joan Afonso de San Çibraao e Gonçalvo Afonso e Afonso Bernaldes e Afonso Castellaao e Afonso de Melide et a Joan Meendes e Ares e a Diego d’Amoeyro e a Gomes Yanes e a Joan Porqallo que eran ausentes, como se fosen presentes, que por (fol. 150v)

quanto hunas casas de Goterre estavan feitas contra rason et dereito e sayan os balcoons contra o adreo de Santa Maria a Madre mais de seu dereito e as agoas cayan contra o dito adreo segundo que nonca fora et en perjuiso do dito señor obispo e cabido e conçello, por ende que mandava aos ditos mesteeraas que eran presentes et aos outros que eran ausentes, que doje a terçeiro dia todos começasen a faser a desapostar a dita casa o que mays en ela feseran contra rason et dereito, segundo que o dito señor obispo avya mandado, e dende endeante a desen apostada e non seysen dela ata que a acabasen sopenna de dosentos DC .- para a camara do dito señor obispo e LX .- para el, e que lle pagasen seus selarios aos ditos carpenteiros o tendor da obra de San Martiño. Tests. Afonso de Betanços, Nuno Gonçalves de Freixo, Alvaro Çide notarios, Loys Gonçalves escripvano.