GMH/ÍNDICE A-Z

D113
1459, abril, 20
Sentenza dos alcaldes pola que o carpinteiro Rodrigo de Viveiro deberá entregar a Álvaro Sindrán, nun prazo de trinta días, varias táboas que confesou terlle vendido. (fol. 34v)

Alvaro Sindran.

A XX de abril, en Ourense, Pero de Miranda et Gomes de Mugares, sendo enna Praça do Canpo audiençia da terça, mandaron por sua sentença defenetiva a Rodrigo de Bibeyro carpenteiro que doje a triinta (d)ias primeiros sigentes dese et entregase (a) Alvaro Sindran dose palmos de taboas en (a)ncho, boas e merchantes segundo e enna maneira (... con)fesava que llas vendera et se con el (...)ra e pasara ontre elles por aviinça con (...cos)tas dereytas. Tests. Goçalvo Çarreda, Alvaro (...)goeiro, Joan de Vilardamos, Joan Paas.