GMH/ÍNDICE A-Z

70
1310, xaneiro, 22
convenio

Convenio polo que o mestre Xoán de Solbeira axudará a Lourenzo Iáñez, clérigo do coro, na sucesión que ordenou o arcediago Pedro Fafiño, partindo por medio os bens que gañasen.



ACOu, Escrituras XVI, 18

Conoçuda cousa seia a todos que en presença de min Domingo Eanes notario por el rey en Ourense e das testemuyas subscriptas, meestre Iohan de Sorveyra coengo d’Ourense e Lourenço Eanes clerigo do coro d’Ourense fezeron entre sy tal preyto e tal conposiçon assy que meestre Iohan aiude o dito Lourenço Eanes a demandar a suçissom que ordinou o arçidiago don Pero Fafiño que foy d’Ourense e aquelo que ende poderem vençer e gaañar que o partan entre de por meo. Et qual das partes contra esto passar que peyte a autra parte por pena mill mor. da moeda branca de nosso señor el rey don Fernando e esta carta ficar |ficar| et para esto assy coprir anbalas partes obligaronsse hun ao autro sy e seus beens. Feyto foy esto en Ourense, viinte e dous de janeyro, era de mill e ccc e quareenta e oyto annos. Tests. que a esto foron presentes Johan Dominguez dito d’Outeyro yrmao do dito Lourenço Eanes, Johan Fernandez sergente de meestre Iohan sobredito e Lourenço Dominguez escrivam morador en Ourense. Eu Domingo Eanes notario por el rey en Ourense fuy presente a estas cousas sobreditas e figeas escrivir en mina presenza e puge este meu signo en testimoyo de verdade que est atal.

(sinal)