GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-12
1436, maio, 10
O Concello fai avinza con Álvaro Afonso, despenseiro do bispo, que ficará exento de impostos a cambio do pago anual de 30 mrs. en tanto permaneza solteiro. (fols. 7v-8)

Feita e dada. Aviinça de Alvaro Afonso, despenseiro do señor obispo.

Anno sobre dito de triinta et seys annos, dez dias do mes de mayo, enna çibdade, ennos paaços de don Diego obispo d’Ourense, presentes y Loys Gonçalves, Afonso Anriques juises da dita çibdade, Gomes de Chantada(s)*, Alvaro Afonso, Estevo Fernandes, Goterre Afonso rejedores, Afonso de Meende procurador do conçello da dita çibdade, outrosy estando ende presente Alvaro Afonso despenseiro do señor don Diego obispo d’Ourense, logo os ditos juises et rejedores e procurador diseron que fasian aviinça ao dito Alvaro Afonso, et o dito Alvaro Afonso feso aviinça con elles en esta maneira que se sige: que fasian avinça ao dito Alvaro Afonso por todo tenpo de sua vyda (por triinta m)* en quanto estevese solteiro e non fose casado, por triinta mrs. branca en tres dños. de cada anno, e que os ditos XXX mrs. que os pagase de cada anno de aviinça ao dito conçello por cada día de San Martiño, e se alguuns mrs. deve dos pedidos dos annos pasados que esten en el repartidos que os page e non entren en esta aviinça, et he posto condiçon que se o dito Alvaro Afonso ouver ou gaanar mays beens en quanto este-ver solteiro, que non page mays da dita aviinça, et sese casar et tomar moller que por los beens da moller que page aquelo que for raso-(fol. 7v)
navel alende da dita aviinça dos ditos triinta mrs., et do al que o dito Alvaro Afonso que seja franco et ysento de todos outros quaes quer pedidos et moedas et tallas conçelavelles que se deytaren et derramaren enna dita çibdade et que gose de todoslos outros privilegos et franquezas et liverdades que an et gozan os outros vesiños da dita çibdade, para o qual as ditas partes asy se obrigaron etç., penna dosentos mrs. etç. Tests. Martin dela /Torre alguasil\ (Barreira)* et Vasco de Ribela e Pero omen do dito Loys Gonçalves.