GMH/ÍNDICE A-Z

1213
1472, marzo, 30. Lugo
O chantre lucense, con poder do bispo, (inclúe a carta de poder: 1472-I-6 Valladolid, CD Nº 1209), acepta a renuncia á xudicatura presentada polo procurador de don Xoán de Deza, promovendo para o cargo a Gómez García.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/8, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 375 mm.

In Dei nomine amen. Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos, a treynta dias do mes de março. En a çiudade de Lugo dentro en as casas de morada de Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçom, en presençia de min notario et testigos ajuso escriptos, et estando presente ho honrrado Johan Afonso, chantre et provisor en a iglesia et obispado de Lugo por lo reverendo en Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde por la graçia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo et oydor de la Abdiençia del Rey nuestro senor et do seu Consello, aparesçeu ay de presente ante o dito chantre et provisor Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a dita iglesia de Lugo, procurador subfiçiente que se logo mostrou do honorable senor Johan de Deça, juys ordenario en a dita iglesia de Lugo et seus coutos, et diso que por vertude de un instromento de poder et procuraçon que el tyna et logo aly presentaba et presentou do dito Johan de Deça, juys, signado do signo et nome subscripçion de Symon Peres de Oyra, presbitero da çiudade de Ourense, notario publico apostolico, que el por algunas justas et ligitimas cassas que o a elo movian en nome do dito Johan de Deça, juys, que renunçiaba et renunçiou et resignaba et resignou pura et libre et synplimente en maaos et poder do dito chantre et provisor, segund et como millor podia et de dereito devia, et de a sua judicatura con todos seus anexos et con todos seus dereitos et dereituras et rendas, segund que lle perteesçian ou perteesçer devia de dereito ou de costume, para que aprovase et fesese dela titulo et colaçon a Gomes Garcia, fillo de Garcia Lopes, que Deus aia, et de Tereisa Rodrigues, sua muller, vesinos de Lugo, et que fasia et feso juramento a Deus sobre un signal de crus, que corporalmente con suas maaos tangeu, et a as palabras dos santos ebangelios donde quera que estaban, que en esta renunçiaçon que asi fasia et feso non interviera, nen se asperaba intervenir dolo, nen fraude, nen simonia, nen sua espeçie, nen outra iliçita paucion. Et o dito chantre et provisor por vertude de hun poder que tyna do dito senor Obispo do qual o thenor de vervo a vervo he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1472-I-6, Valladolid (CD nº 1209).

diso que resçebia et resçebeu a dita renunçiaçion et resignaçion en suas maaos et poder feita da dita judicatura con todos seus anexos et cousas a ela perteesçentes, et asi resçebida diso que por vertude do dito poder a el dado por lo dito senor Obispo que fasia et feso logo titulo, colaçon, provision et canonica instituyçon da dita judicatura con todos seus anexos et jurdiçion et dereitos et dereituras, et con todas las outras cousas et rendas a ela perteesçentes, a o dito Gomes Garçia, fillo do dito Garçia Lopes et de Tereisa Rodrigues, sua muller, que presente estaba, por inposiçon de seu birrete que le sobre sua cabeça poso, et que mandaba et mandou en vertude de santa obediençia et so pena d’escomonyon a o dean et cabildo et outras personas syngulares da dita iglesia de Lugo que resçebesen et admitysen a a posison corporal, real et abtual vel casy da dita judicatura con todos seus anexos et cousas a el perteesçentes a o dito Gomes Garçia, asignandolle escalo en el coro, aquel que le de dereito perteesçia, et lugar en el cabildo se o de dereito avia d’aver, et sub a dita pena d’escomonyon diso que mandava et mandou a todos los rendeyros et disimeyros et foreyros çensiarios et trabutarios et clerigos et outras quaesquer personas que algunas rendas, ou dereitos, ou foros, ou tributos devian et eran obligados de dar et pagar a a dita judicatura et a o juys dela que respondesen ben et conplidamente a todo elo a o dito Gomes Garcia, juys, ou a seu procurador en seu nome, et non a outro algun, et asi meesmo a todos los vasalos do dito senor Obispo moradores en esta dita çiudad de Lugo et en todos seus coutos que lle prestasen et fesesen obediençia et reverençia et obedesçesen et gardasen et tebesen seus coutos et mandamentos et viesen a seus enplasos, segund fasta aqui avian feito a o dito Juan de Deça et a os outros juyses que antes del foran et seus anteçesores. Sobre lo qual diso que lle mandaba delo dar et deu un publico instrumiento de titulo et colaçon firmado de seu nome et selado con o selo do dito senor Obispo et signado do notario a juso escripto. Et o dito Gomes Garcia diso que asi o pedia delo a min o dito notario publico instrumiento.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito ano, dia, mes et lugar sobreditos.

Testigos que a todo o sobredito foron presentes: Alvaro Ferrnandes de Aguyar, et Juan Ares, fillo de Gomes Ares, çapateiro, clerigos do coro de Lugo; et Juan de San Martino, notario, et Juan Plateiro, criado do dito provisor, et outros.

Et eu Fernan Peres de Granadas, raçoeyro da iglesia de Lugo, notario publico en a iglesia et çibdade de Lugo et en todo seu obispado por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et este publico instromento de titulo et colaçon et renunçiaçion, segundo que todo ante mi pasou et por lo dito chantre et provisor por vertude do dito poder foy feyto en que el firmou seu nome et mandou poer o selo do dito senor Obispo, seendo ocupado de outros negoçios fielmente fise escripvir, et por ende puje aqui este meu signo et nome acostumado en testemoyo de verdade rogado et requerido.