GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

279
1331, decembro, 10 martes. Lugo
O Cabido afóralle ao cóengo Arias Pais e a unha voz os casais de Barbaín e Lagoa, en San Pedro Fiz de Muxa, por seis terzas de pan anuais e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 73v.

En nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos dom Fernan Aras, dayam de Lugo, et cabiidoo dess lugar, seendo aiuntados por campaa taniuda eno thessouro hu he acustumado de fazermos cabiidoo, avervamos a vos Aras Pellaes, coengo de Lugo, et a unna pessoa qual vos nomeardes en vossa vida ou en vosso testamento a pus vos, os nossos cassares dos aniverssarios, os quaes cassares tinna de nos don Fernan Eanes, archidiago de Neyra, a que Deus perdoe. Conven a saber: o cassal de Barvaym a que chaman da Pena, con seus iures et pertenenças, enno qual morava Iohan Iohanes, fillo de Iohan Domingues de Lugilde, et sua muller Tereyia Affonso, su signo de sam Fiiç de Muia; outrossy o cassal de Lagea que he su este signo d’esta iglesia sobredita de sam Fiiç de Muia, no qual casal morava Iohan Amigo et sua muller Maria Iohanes. Et avedesnos a dar cada anno por los ditos casares seys terças de pam, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, et os omees que moraren en estes casares sobreditos an a seer vassalos serventes et obedientes da iglesia de Lugo, et an a seer quitos das monedas et dos outros peytos, assy commo os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et se estes casares sobreditos mays valueren ca esta quantia d’estas seys terças sobreditas damosvo- llas de gracia que as tenades de nos en prestamo en vossa vida et da dita perssoa que nomeardes en vossa vida ou en vosso testamento de pus vos, por moyto serviço et aiuda que vos senpre feçestes et prometedes a façer a a iglesia de Lugo. Et a vosso finamento et d’aquella pessoa que vos nomeardes assy commo sobredito he, deven estes cassares sobreditos, commo quer que vo-llos ora damos desprovados, an a ficar provados de senllos boys et de senllas vacas et de çinquo rexellos et de senllas porcas cada hun; et avedes a refaçer as cassas et aderença-llas, et tirar as herdades u iouveren mal paradas en quanto vos poderdes. Et estes casares sobreditos am a ficar livres et quitos con todo-llos boos paramentos que vos en elles feçerdes et aquella pesoa que vos nomeardes de pus vosso finamento, a a iglesia de Lugo. Et prometemos a a boa fe de non viirmos contra esta renda por nos nen por outro. Et que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Iacome Eanes, notario publico de Lugo, que vos desse unna carta signada con seu signal en testemoyo de verdade.

Feyta en Lugo martes dez dias de deçembro, era de mill et CCC et LXIXe annos.

Testemoyas: o dayam, don Fernan Aras; don Diego Fernandes, archidiacono de Neyra; don Pedro Royz, archidiacono de Deçon; Andres Peres, chantres d’Armentea; Affonso Eanes, Pedro Iacome, raçoeyros de Lugo, et outros. Eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto pressente foy esta \carta/ en mina presença fiz escrivir, et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).