GMH/ÍNDICE A-Z

373
1339, abril, 8 xoves. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Afonso Fernández e á súa muller e a unha voz o casal e muíño de Pinoucos, en Santiago de Lugo e San Fiz de Muxa, por 160 marabedís anuais de renda.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 19v.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enno thesouro da iglesia de Santa Maria de Lugo, segundo que o avemos de uso et de custume, con outorgamento dos coengos d’aniverssario, afforamos et avervamos a vos Afonso Ferrnandes, fillo de Fernan Pellaes de Sayoane de Penna, et a vosa muller Tareyia Peres, por en todos vossos dias d’anbos et dous et de huna pessoa semellavele de vos qual o pustrimeyto de vos nomear para esto en vida ou a tenpo de seu finamento, o casal de Pinoucos con o moyno de Pinoucos, asy commo Tareyia Lopes do Carvalal tragia o dito casal et moyno, et con aquella herdade de Castello que a dita Tareyia Lopes leyxou a a dita iglesia commo se conten no livro do cabidoo, o qual casal et herdade et moyno, que he sub signos da capella de Santiago de Lugo et de San Fiiz de Muia, vos avervamos con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, per hu quer que vaan, en esta maneira conve a saber: que avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito casal et moyno et manteer las casal del et moyno en boo estado, et chantar y das arvores. Et avedes a dar cada anno, por foro et en renda deste casal et herdade et moyno, a nos, ou a o que tever os aniversarios da iglesia de Lugo, çento et sessaenta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso, que façen onçe dineyros novees minos terça d’un cada moravedi, o o a vallia delles se a dita moeda mingoar ou montar mays, et pagar estes moravedis cada anno por los terços do anno en paz et en salvo enna villa de Lugo sen contradiçon et exçepçon nenhuna. Et vos ou aquelles que moraren no dito casal han de seer deffessos et quitos et anparados dos peytos et foros que veeren commo o foren os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et a finamento de vos et d’aquella pessoa, que o pustrimeyro de vos nomear, en que ficar o dito casal et moyno et herdade, deve a leyxar o dito casal et moyno et herdade livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et outrosy aquella pessoa, que nomeardes, en que fique o dito casal quando vagar de vos que o venna reçeber do dayam et cabidoo da iglesia de Lugo et dar boos fiadores que pague cada anno os ditos moravedis et cumpra as cousas sobreditas que se en esta carta conteen; et prometemos de vos non coller o dito casal et herdade et moyno que vos avervamos et obligamos para vos faser este vervo et casal de paz a dereyto.

Et nos, Affonso Ferrnandes et Tareyia Peres que estamos presentes, assy reçebemos de vos, o sobredito dayam et cabidoo, a renda et vervo et foro dos sobreditos casal et moyno et herdade por nos et por aquella pessoa que for nomeada en que ficar o dito lugar, et obligamos nos et todos nossos bees movelles et rayçes gaanados et por gaanar para vos dar et pagar cada anno os ditos moravedis et comprir as cousas sobreditas commo dito he; et de mays para vos pagarmos cada anno os ditos çento et sesaenta moravedis commo dito he damos vos por fiadores a cada hun por lo todo conven a saber: Iohan Peres, criado de don Pedro Iacome, iuys de Lugo, Lopo Estevees, alfayate, morador en Lugo enna Cutellaria, et Gonçalvo Eanes, morador en Lugo enna rua do Carvalal, criado de Iohan Peres de Sancta Maria Alta que foy, elles presentes et outorgantes seus bees a dita fiadoria cada hun por lo todo. Et nos os ditos fiadores, Iohan Peres et Lopo Estevees et Gonçalvo Eanes, renunçiamos expresamente a lee et dereyto que diz en quanto o devedor for presente et achado o fiador non deve a seer pinorado nen demandado, et renunçiamos et prometemos a a boa fe de o non allegar por os nen por outren en iuyço nen fora del. Et para contra esto que dito he viir outrosy nos, os ditos Affonso Ferrnandes et Tareyia Peres, prometemos et outorgamos que se estes fiadores sobreditos ou cada hun delles mays veer, de vos dar outros fiadores enno lugar du vos estes damos.

Et que esto seia çerto nos os sobreditos, dayan et partes sobreditas rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tenor, tal huna commo outra, huna que possesse no livro do cabidoo signada de seu signal, et outra que desse a os ditos Affonso Fernandes et Tareyia Peres signada de seu signal et seellada de seello de nos o cabidoo sobredito.

Que foro feytas en Lugo, enna casa do thesouro sobredito, ioves oyto dias d’abril, era de mill et CCC LXXta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Aras sobredito; don Alvar Diaz, archidiago de Sarria; don Pedro Iacome, juys de Lugo; Andres Peres, Iohan Fernandes, Vaasco Rodrigues, Fernan Affonso, coengos de Lugo; Affonso Eanes et Iohan Gutierres, raçoeyros; Pedro Migueles, Pedro Fernandes, Fernan Eanes, Gomes Fernandes, Affonso Eanes, Fernan Peres de Piugos et Affonso Peres Ianeyro, clerigos do choro de Lugo; Iohan Amigo, clerigo; Pedro Agudo, criado do dito dayam; Iohan Tarovio, Affonso Peres de Fontao ts., et outros moytos ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar a esto commo dito he con as testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy, et a rogo das partes sobreditas esta carta escrivi en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

administración; alcume; aniversario; árbore; arcediago; arquivo; barrio; cabido; canon foral; casas; catedral; cláusula; cóengo; coro; crego; criado; dignidades; diñeiros; doazón; escritura; esposa; esposo; familia; fianza; fillo; fisco; labores; libro do cabido; licenza; marabedí; medidas; mesa capitular; muíño; muller; nomeamento; notario; obrigación; pai; privilexio; rei; semente; servizalía; soldo; tenza; tesouro; xastre; xuíz; deán

Persoas

Afonso Eanes, crego do coro de Lugo; Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Fernández; Afonso Pérez de Fontao; Afonso Pérez Xaneiro, crego do coro de Lugo; Afonso XI, rei de León e Castela; Álvaro Díaz, arcediago de Sarria; André Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Afonso, cóengo de Lugo; Fernando Eanes, crego do coro de Lugo; Fernando Páez; Fernando Pérez de Piugos, crego do coro de Lugo; Gómez Fernández, crego do coro de Lugo; Gonzalo Eanes; Lopo Estévez, xastre; Pedro Agudo, criado do deán de Lugo; Pedro Fernández, crego do coro de Lugo; Pedro Miguez, crego do coro de Lugo; Pedro Xácome, xuíz de Lugo; Roi Fernández, notario; Tareixa Pérez; Tareixa Pérez do Carballal; Vasco Rodríguez, cóengo de Lugo; Xoán Amigo, crego; Xoán Fernández de Baldaio, cóengo de Lugo; Xoán Gutérrez, racioneiro de Lugo; Xoán Pérez de Santa María Alta; Xoán Pérez, criado; Xoán Tarovio; Fernando Ares, deán de Lugo

Outros

Castela, reino; Lugo, cabido

Lugares

Alta, Santa María; Carballal; Castelo; Fontao; Lugo; Muxa, San Pedro Fiz; Pena, San Xoán; Pinoucos, casal e moyno; Piúgos, Santiago; Sarria