GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

447
1389, xaneiro, 20 (O Viso)
requirimento

Lopo Rodríguez de Ourantes, escudeiro, con poder do cabido, require a Afonso Pérez, apoderado de Roi Fernández, xuíz en terra de San Xoán e do Ribeiro de Avia, para que indague sobre certas herdades que están damnificadas.

ACOu, Escrituras IV, 22

Anno do naçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e oytenta e nove annos, sesta feyra, viinte dias do mes de janeiro, sabean todos commo en presença de min Afonso Peres notario publico del rey em terra de Sahoane e de Novoa e do Ribeiro da Avia e en toda a meirindade d’Orzellon e das testimoyas adeante escriptas en este dito dia seendo enno lugar de Lopo Rodrigues de Ourantes a que dizen o Viso que he couto de Jovim o dito Lopo Rodrigues procurador do cabiidoo da igleia d’Oureense segundo que paresçia por huna carta escripta en purgameo de coiro feita e afirmada do nomme e signal do chantre da igleia d’Oureense que he notario do cabiidoo segundo que por ela paresçia, a qual carta eu Afonso Peres notario sobre dito vi e lii. Et logo en este dito dia e ora e enno dito lugar do Viso o dito Lopo Rodrigues en presença de min dito notario presentou y a dita procuraçon et asi commo procurador que he do dito cabiidoo pedeu e frontou a min dito notario porlo poder que a min era dado de Roy Fernandes juiz em terra de San Juan e do Ribeiro da Avia por Rodrigo Ares de Varra juiz das ditas terras que sacase pesquisa enno dito couto en razon de huuns erdamentos que foron e ficaron de Sueiro de Jovin e de Costança Gonçalves moradeira que foy en Ervededo e de Estevan Yanes de Dacom, os quaes ditos herdamentos diso que eran perdudos e danificados por mingoa de lavores e de boons paramentos e por esta rason diso que reçebera e reçebia estes ditos erdamentos e huun paaço que está enno dito couto que foy do dito Sueiro de Juvim, et tanben diso que reçebia e reçebeu os erdamentos e casas da dita Costança Gonçalves et as do dito Estevoon de Dacon, et frontou logo a min o dito notario porlo poder que a min era dado do dito juiz que sacase pesquisa ben e verdadeiramente en razon dos ditos danificamentos dos ditos erdamentos e casas dos sobre ditos et presentou logo y omeens moradores enno dito couto para fazer a dita pesquisa, estes que se adeante sigen et presentados pedeu a min dito notario que os ajuramentase sobre santos avangeos et que ben e verdadeiramente sacase os ditos delas que disesen a verdade do que souvesen que moyos ou quantos eran os que perderan e perdiam dos annos pasados de cada un anno por mingoa dos labores que non ouveran nen avian, os que son estes: Iten Françisco Yanes clerigo de Reçamonde e Juan Peres e Estevoon de Lagarellos e Domingo Martines, et presentadas eu o dito notario a pedimento do dito Lopo Rodrigues ajuramenteos sobre santos avangeos e eles fezeron o dito juramento e prometeron a deus e aos santos avangeos que todos tangeron con suas maaos que ben e verdadeiramente disesen a verdade daquelo por que fosen preguntados. Iten primeira testimuya Françisco Eanes clerigo morador enno dito couto juramentado sobre santos avangeos e preguntado se sabe quantos moyos de viño podian render en cada un anno as herdades que foron e ficaron de Sueiro de Jovim andando elas ben labradas de todos seus labores, diso porlo dito juramento que fezo que podiam ben render en cada un anno ontre o labrador e señor sesenta moyos. Iten preguntado porlos herdamentos de Estevoon de Dacon quantos moyos podiam render en cada huun anno ontre o señor e o labrador andando ben labradas de todos seus labores diso porlo dito juramento que feso que bem podian render doze moyos ou mais. Iten preguntado por los herdamentos que foron de Costança Gonçalves se andasen ben labrados de todos seus labores, que podian render en cada un anno ontre o señor e o labrador, diso porlo juramento que fezo que podiam ben render en cada un anno doze moyos et mais e viinte fanegas de pan, preguntado por que sabia todo esto, diso que outras herdades parellas destas que estam labradas a par destas que rendian moyto mays. Iten Juan Peres segunda testimuya jurada sobre santos avangeos e preguntado por las cousas sobre ditas e por cada huna delas, diso porlo juramento que feso que os ditos herdamentos do dito Sueiro de Juvim que poderian ben render en cada un anno ontre o senorio e labrador ata setenta moyos de viño et os herdamentos de Costança Gonçalves viinte moyos et os herdamentos de Estevo Daçon diso que poderian ben render en cada un anno quinze moyos. Iten Domingo Martines terçeira testimoya jurada sobre santos avangeos e preguntado por las cousas sobre ditas e por cada huna delas diso porlo dito juramento que os erdamentos da dita Costança Gonçalves que poderian ben render en cada un anno viinte moyos de viño et viinte fanegas de pam. Iten diso que podian ben render en cada un anno os herdamentos de Sueiro de Jovim setenta moyos ou mais. Iten diso que podian ben render en cada un anno os herdamentos de Estevoon de Dacon quinse moyos de viño. Iten Estevoo de Lagarellos quarta testimoya jurada sobre santos avangeos e preguntado por las cousas sobre ditas e por cada huna delas, diso porlo dito juramento que feso que as herdades do dito Sueiro de Juvin que el tiña enno couto que pasarian de setenta moyos andando labradas commo devian, preguntado por los herdamentos de Costança Gonçalves diso porlo juramento que feso que poderian ben render en cada un anno viinte moyos de viño, e pan non sabia quanto. Iten preguntado por los herdamentos de Estevoon de Dacon diso porlo dito juramento que fezo que podian ben render en cada huun anno quinse moyos andando ben labrados, preguntados todos por que sabian todo esto diseron que o sabian, viram por verdade que era todo asi. Et logo o dito Lopo Rodrigues asignoulles termino de nove dias que o dereito manda que lles amostrasen os prasos se os avian das ditas herdades, que el prestes era dellos agardar e conprir en todo segundo que o juiz da terra manda ou alcalde ou vigario por hu quer que seu dereito fose mandaria, et non amostrando eles os ditos prasos dentro enno dito termino que el que reçebia e reçebeu os ditos erdamentos e paaços e casas por las novidades de agora e do tenpo pasado para o dito cabiidoo. Et de todo esto en commo pasou e do reçebemento que feso, pedeu a min dito notario huun testimoyo ou mais se lle conprisen para garda de seu dereito e do dito cabiidoo cujo procurador he. Et eu de meu ofiçio deille este, que foy feito enno couto de Jovim, era e mes e dia sobre ditos. Testimoyas a que esto foron presentes Pero de Villamoiren e Juan Garçia de Santo Andre e Gonçalvo Fernandes e Rodrigo Afonso de Paaços e outros.

Et eu Afonso Peres notario publico del rey ennas sobre ditas terras a esto que dito he con as ditas testimoyas presente foy e por mandado do dito Roy Fernandes juiz escripvi e aqui meu nomme e signal aqui fiz en testimoyo de verdade que tal he.