GMH/ÍNDICE A-Z

692
1368, outubro, 10. Lugo
O bispo de Lugo outórgalle a Aldara Vázquez un terreo e unha maçineyra e recibe a cambio outro terreo semellante, do cal a beneficiaria reserva para si o usufruto.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 96v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Dios, obispo de Lugo, da huna parte; et eu, Aldara Vaasques de Pineiras, da outra, fazemos entre nos tal enprasamento que seia valedeyro para senpre: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, a dita Aldara Vaasques, para en toda vossa vida que aiades et tenades o nosso terreo que ias enna cortinna d’Afiis entre las pereiras anbas, o qual terreo ias a par d’outro leyro que anda por Duran Moniis, et por Berto Miguelles, et damos-vos mays a nossa maçineyra que esta ena nossa leyra do Vilar; o qual dito terreo et maçineyra vos damos, segundo dito he, que os aiades et tenades en vossa vida, et levedes o huso fruyto delles, et a vosso finamento que o dito terreo et maçineyra fiquen livres et quitos et desenbargados a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia. Et eu, a dita Aldara Vasques, assy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito terreo et maçineyra, et por este ben et merçee que me vos, o dito sennor obispo, façedes dou-vos para vos et para a dita vossa iglesia, que aiades para senpre iamays por iur de herdade, outro tamanno terreo et tan boo enna dita cortinna d’Afiis, que a tomen por vara et por sucos, tanta commo esta que me vos, o dito sennor obispo, dades, d’aquelles leyros et herdades que eu tenno enna dita cortinna, a qual herdade que eu, a dita Aldara Vaasques, dou a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia, segundo dito he, eu aio a teer en minna vida commo a outra que me vos, o dito sennor obispo, destes et non vos dar por ela prenda alguna, et a meu finamento ha de ficar livre et quita et desenbargada a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia et ben lavrada et en bon paramento con a outra herdade et maçineyra que me destes, segundo dito he. Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos a dita herdade que nos vos, a dita Aldara Vaasques, dades para nos et para a dita nossa iglesia, et outorgamos-vos o enprasamento et merçee que vos fasemos enna maneira que dita he. Et demays nos as ditas partes obligamos nos et nosos bees, movilles et rayses, eclesiasticos et seglares, de comprirmos et guardarmos et fasermos de pas a todo tempo esto que nos damos huuns a outros, segundo dito he. Et que esto seia çerto rogamos a Ares Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor, huna para nos, o dito sennor obispo, et nossa iglesia et outra para min, a dita Aldara Vaasques.

Que foron feytas en Lugo, des dias de outubre, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas: Vaasco Ferrnades de Paramo; Pedro Fernandes de Sonnar; Vaasco Fernandes de Meylae; Gomez Vasques de Lavallos et Alvaro Tato, escudeyro do dito sennor obispo.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.