GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

562
1350, outubro, 10. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ao mestre Xoán, físico, e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa da Cruz por renda anual de 15 soldos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 73r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et o cabidoo desse lugar, avervamos a vos Meestres Iohan, fissico, et a vossa muller, Eynes Lopes, por en toda vossa vida d’anbos et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear, a nossa cassa dos nossos aniverssarios, que he na rua da Crus, a qual esta iuntada con essas outras cassas en que vos morades da huna parte, et da outra parte esta a cassa que fuy de Maria Caravia, et topa na parede da cassa torre de Domingo Martines; a a tal condiçon que façades et cubrades et reparedes et que a mantenades en boo estado, et vos et a dita pessoa que dedes dela cada anno, a o que tever et recabdar os ditos aniverssarios, de foro et de renda quinse soldos, a quatro dineyros noves por cada tres soldos, da moneda del rey don Affonso. Et a finamento de vos et da dita pessoa que a dita cassa que fique livre et quita et dessenbargada de vos et de vossa voz a os ditos nosos aniverssarios con todos los boos paramentos que y foren feytos, et a pessoa que for nomeada na dita cassa que a vena reçeber por lo cabidoo.

Et eu, o dito Mestre Iohan, que presente estou por min et en nome da dita mina muler et da dita pessoa asy reçebo o vervo et foro da dita cassa de vos, o dito dayam, et cabidoo enna maneyra que sobredita he, et obrigo a min et a todos meus beens et da dita mina muller para faser et comprir esto que sobredito he.

Et por que esto seya çerto nos, o dayam, et cabidoo et Meestre Iohan, rogamos a Jacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, que fezesse ende duas cartas en hun tenor, a huna para vos seellada con noso seello colgado, et outra que a deytase en este livro do cabidoo.

Que foron feytas en Lugo dez dias d’outubro, era de mill et CCCos LXXXª VIIIº annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Thomas Gomes, coengos; Ruy Peres, raçoeyro; Vaasco Ferrnandes, scudeyro, ts.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publico sobredito, a esto fuy pressente et esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.