GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

699
1369, marzo, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao deán, don Xoán Afonso, e a dúas voces unha casa na rúa da Cruz por renda anual de seis marabedís.
 MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 21v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enna dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento do dito Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, aforamos a vos don Iohan Afonso, dayan da dita iglesia de Lugo, et a duas persoas de pus voso finamento, a huna qual vos nomeardes, et a outra qual nomear aquel que vos nomeardes, a casa que esta enna villa de Lugo enna rua da Crus, que he dos ditos aniversarios, a qual esta a par de outra casa que foy de Domingo Martines da Crus, en que agora mora Roy Lopes, notario, et outra casa que he do dito cabidoo que suya teer Iohan Lopes, demandador que fuy, que tinna aforada do dito cabidoo, a qual casa he sub signo da capela de Santiago de Lugo. Et vos, o dito dayan, avedes de apostar et reparar a dita casa de aquelo que lle feser mester, et manteerla en boo estado de guisa que se non perça con mingoa de adubeyro; et avedes a dar de foro della, de cada ano, en vosa vida a o que tever os ditos aniversarios seis moravedis, et as ditas persoas que vos nomeardes a huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que vos nomeardes, an de dar de cada anno commo dito he [espacio en blanco], et a voso finamento et das ditas persoas que a dita casa fique livre et quita et desembargada et feyta en boo paramento a a dita iglesia con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito dayan, que estou presente por min et por las ditas perssoas asy reçebo de vos, o dito cabidoo, a dita casa enna maneyra que dita he, et obligo meus bees et das ditas persoas de comprir et pagar o dito foro commo sobredito he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos la outorgamos et por que esto seia çerto rogamos a Arias Peres, coengo et notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta et a signase de seu signo.

Que fuy feyta en Lugo, dose dias de março, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testigos que foron presentes: don Gonçalvo Eanes, chantres; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; don Roy Gonçalves, mestrescola; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Arias Ferrnandes et Afonso Ferrnandes, coengos; Alvaro Fernandes, Iohan Garçia, Iacome Fernandes, raçoeyros de Lugo, ts., et outros.

Et eu Arias Peres, coengo et notario publico de Lugo dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.