GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1117
1457, xaneiro, 14. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gómez de Vilar, á súa muller e a dúas voces o casal e herdades de Recesende na freguesía de Santiago de Saamasas, por renda anual de seis fanegas de centeo e outras obrigacións.

MADRID, AHN, cód. 419 B, f. 28 v.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que façemos noso proveyto et de nosos suçessores, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, aforamos et damos aforo et avervo a vos Gomes de Villar, morador en o dito lugar de Villar, et a vosa muller, Tereyia Yanes, et a outras duas personas despois de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et outra qual nomear aquella persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, o noso casar et casas et herdades de Recesende, que he da nosa admistraçon do mes de octubre, et que he sito et sub o signo de Santiago de Samassas con todos seus jures et pertinenças casas et casaas et formaes et prados et pascos et arbores et saydos et entradas que el ha et lle perteesçen asi de feyto como de dereyto, segundo que el perteesçe a a dita admistraçon et a nos por rason della, a tal pleyto et condiçon que vos et a dita vosa muller et persoas labredes et tenades ben labradas et alavoradas as herdades do dito casar que se agora labran, et saquedes de monte as que iasen por labrar quando sacaren de monte as outras herdades que iasen cabo dellas, et que levantedes et tenades levantada huna das casas do dito casar ata dous anos primeyros siguentes, et cubrades a meatade della de lousa et a outra meatade de palla, et que a este dito tempo façades et levantedes outra casa do dito casar et a cubrades de palla, et que asi as tenades cubertas et reparadas vos et as ditas vosa muller et personas, et que asi as leyxe a postremeyra persona que suceder en o dito foro; et que dedes, en cada hun ano, de foro vos et a dita vosa muller et personas seis fanegas de çenteo, linpo de poo et de palla sen maliçia, a nos ou a noso administrador, posto en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo en todo o mes de septembre; et a finamento da postromeyra persona que suçeder en o dito foro que o dito casar et casas et herdades fique libre et quito et desenbargado con todos los boos paramentos que en el foren feytos a nos, o dito cabidoo, et a a dita administraçon; et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros siguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feyto perga o dito foro et dereyto del.

Et eu, o dito Gomes de Villar, que presente soo asi reçebo o dito foro do dito casar et casas et herdades del de vos, o dito cabidoo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas para min et para a dita mina muller et persoas sobreditas, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et persoas de teer, conplir et atender et pagar todo o susodito, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello façer duas cartas de foro por lo notario iuso escripto, ambas en hun tenor, huna para vos, o dito Gomes de Villar et vosa muller et personas, et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seelar con noso selo pendente a carta de voso foro.

Que foy feyta et outorgada en a ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, quatorze dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Johan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Johan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Fernandes de Mera, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por mina mao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.