GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1402
1498,noviembre,7 miércoles. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Afonso de Mera e a dúas voces o lugar e casal de Taboelle nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa María Madalena de Adai, por renda anual de 72 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/15 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 260 x 210 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos el dean, personas et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que a juso se fara mençion, seendo juntos en noso cabildo por son de canpaa tangida, segundo que avemos de uso, dentro en a dita iglesia a par da porta por donde soben a as bobedas, avido primeyramente sobre lo que adelante era declarado consello et madura deliberaçion, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçcesores, aforamos a vos Afonso de Mera, fillo de Alvaro de Mera, defunto, que santa gloria aya, et a duas persoas despois de bos, a huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamiento, et a outra qual nomear a persoa que por vos for nomeada, et se por ventura non for nomeada que seja aquel ou aquela que de dereito herdar vosos bees, o lugar et casar de Taboelle, que he et perteesçe a os bees das proçisoos que ordenou Obispo don frei Pedro Lopez, de boa memoria, Obispo que foy da dita iglesia de Lugo, con todas suas herdades et casas, arbores et formaes et caneiros et monte et prados et pastos, entradas et saydas por hu quer que ban a montes et a fontes sub o signo de San Miguell de Orvaçay, et de Santa Maria Madalegna de Adaee, segund que o vos, o dito Afonso de Mera, agora teedes et usades et trajedes, et segund que a nos perteesçe. A tal pleito et condiçion que fagades labrar et parar ben as herdades do dito lugar, et tenades cubertas, feitas et ben reparadas as casas do dito lugar de maneira que non se pergan por mingoa de boo reparo, nen as ditas herdades se baan a canpo por mingoa de boo laborio, et tenades en o dito lugar postas presas et de garfeo dez castineyras, pereyras ou maçineyras, qual vos quererdes, et as deyxedes presas en fin do dito tempo da dita postrimeyra persona. Et dedes vos et as ditas personas de foro, en cada un ano, en dia de San Pedro da Cadrela, por lo dito lugar et herdades et casas a noso moordomo et distribuydor et recabdador das rendas das ditas proçisoes seteenta et dous maravedis vellos, de dez cornados o maravedi. Et a finamento de vos et das ditas personas, que subçederen en o dito foro, como dito he, que o dito casar et casas et herdades et caneiros con todas las cousas a el perteesçentes et perteesçer debentes fiquen libres et quitos et desenbargados con todos los boos paramentos que en el foren feytos a nos, o dito dean et cabildo, et as ditas proçissoes. Et con condiçon que ha segunda et terçeira personas, despoys de vos subçederen en o dito foro, que sejan tiudas et obligadas de se viir mostrar a nos, o dito dean et cabildo, ou a nosos suçessores como suçederon en o dito foro et son foreyras del dia que en el subçederen fasta triinta dias primeiros seguientes do dia que en el subçederen, su pena de perder o dito foro por ese mesmo feito se o asi non feçeren et conpriren.

Et eu, o dito Afonso de Mera, que presente soo, por myn et por las ditas personas asi reçebo o dito casar et casas et herdades et bees de Taboelle de vos, os ditos dean et cabildo da dita iglesia de Lugo, segund et en a maneyra suso declarada, et obligo a myn et a meus bees et das ditas personas et de cada huna delas de complirmos et pagarmos todo, segund susodito he. Et porque esto seja çerto nos, os ditos dean et cabildo, mandamos a o notario juso escripto que faga delo duas cartas de foro, anbas en un thenor, et deyte huna delas en o noso libro signada con seu signo, et de outra tal a vos, o dito Afonso de Mera, para vos et para as ditas personas, et por mayor firmesa mandamos seellar a vosa carta con noso seelo capitular.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia, dia miercoles, sete dias del mes de nobembre, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et oyto anos.

Que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Gonçalvo Gomes de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller, Pedro Fernandes de las Camoyras, arçediano de Sarrea; et Diego Gomes de Fonteyta, arçediano de Triacastela; et el provisor, Martyn de Ocon; et Afonso Martines de Galdo, juez; et Johan Ares de Parga, et Gomez Ferrnandez, et el bachiller, Pedro Ferrnandez, et Vasco Grandio, et Pedro de San Jullao, raçioneros en la dicha iglesia. Testigos: Johan de San Martino, clerigo; et Juan Teixeiro, et Pedro Rodrigues, clerigos del coro della; et Lopo Dorado, notario, et otros.

Et eu Garçia das Camoyras, canonigo et notario por la abtoridad apostolica, a todo lo que dicho es en uno con los dichos testigos presente fue et esta carta de foro, segund que por ante myn pasou, vien et fielmente por mina mao escrevi et por rogo dos sobreditos aqui puge estes meus nome et signo acustumado en testimonio de verdade que tal he rogado et requerido. Non enpesca onde esta raydo et sobrescripto do diz segunda cabildo.

Materias

administración; administrador; árbore; arcediago; bacharel; beneficiado; bispo; bóveda; campá; canon foral; casas; casas; castiñeiro; catedral; chantre; cóengo; confirmación; construción; coro; coroado; crego; deán; dignidades; doazón; dominico; familia; festa; fillo; frade; froiteira; fundación; labores; Libro do Cabido; marabedí; mesa capitular; mordomo; notario; notario apostólico; pai; pasto; pesqueira; porta; procesión; provisor; racioneiro; selo; soar; souto; xuíz; cabido

Persoas

Afonso Martínez de Galdo, xuíz de Lugo; Álvaro de Mera; Álvaro Díaz de Lama, chantre de Lugo; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; García López das Camoiras, cóengo de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gonzalo Gómez de Montenegro, deán de Lugo; Lopo Dourado, notario; Martiño de Ocón, cóengo e provisor de Lugo; Pedro de San Xiao, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Sarria; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Pedro Rodríguez, crego do coro de Lugo; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de San Martiño, crego; Xoán Teixeiro, crego do coro de Lugo; Afonso de Mera

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Adai, Santa María Madanela; Camoiras, As; Fonteita; Galdo, Santa María; Lama; Mera; Montenegro, antiga xurisdición; Orbazai, San Miguel; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sant Martino; Sarria; Taboelle; Teixeiro, Santa María; Triacastela