GMH/ÍNDICE A-Z

421
1382, setembro, 17
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Xoán Martínez, clérigo reitor de Santiago de Carracedo, unhas casas con eixido sitas na rúa da Barreira, por 15 libras e outras tres por un puzal de viño á “renda de maio”.

ACOu, Escrituras XVII, 107

Sabean quantos esta carta viren que eu don Garçia Rodriguez dean na igleia d’Ourense et nos o cabidoo da dita igleia, seendo juntados por canpaan tanjuda enno coro da dita igleia segundo que he de huso e de costume de nos juntar en cabidoo, presente Affonso Fernandes coengo na dita igleia e teente a nossa renda do mes de mayo e outorgante, damos e outorgamos a foro para senpre a vos Johan Martines clerigo reytor da igleia de Carrasedo e a todas vosas voses para senpre, hunas casas con seu exido que nos avemos en esta çidade enna Barreyra que demarcan da huna parte et da outra con casas de nos o dito cabidoo, et teen os portaes enna dita rua publica. Afforamos vos as ditas casas con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças sub tal condiçon que as adubedes e façades de pedra et de madeyra e de tella e de caanles e de todas las outras cousas que mester ouveren et que as mantenades por vosa custa en ta1 maneira que non deffalessca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et dedes ende a nos o dito cabidoo en cada hun anno en salvo aos terços do anno segundo a costiuçon e estilo do cabidoo quinze libras de diñeiros brancos desta moeda usual contados viinte soldos por livra ou a estimaçon deles se outra moeda correr. Et outrosy daredes ao dito Affonso Fernandes en cada hun anno ou ao que por nos tever a renda do mes de mayo por la festa de Santa Oufemea de setenbro tres libras da sobre dita moeda por hun puçal de viño que a dita renda do mes de mayo ha daver porla dita casa. Et que ajades as ditas \casas/ e exido livres e quites de todo outro enbargo e çensso e encarrego algun. Et se vos ou vosos suçesores que a dita casa herdaren a quiserdes vender, deytar ou supeñorar ou mandar por vosa alma ou enallear en alguna maneira, primeiramente devedes requeryr sobrelo a nos o dito cabidoo ou a noso procurador e que nos la dedes por lo justo preço que vos outre por elo der, e nonna querendo nos o dito cabidoo por ese preço reçeber, estonçe a vendede, deitade ou supenorade ou mandade por vosa alma a semalavil pesoa de vos pero non a cavaleiro nen escudeiro nen dona nen pessoa religiosa nen poderoso, mays aa tal pesoa que seia tiudo e obrigado para pagar o dito foro en paz e en salvo cada anno et fazer e conprir e agardar todas las cousas que ditas son. Et eu o dito Johan Martines que soon presente asi o outorgo, et obrigo todos meus beens gaañados et por gaañar para manteer a dita casa et pagar et fazer e conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas. Et he posto pena et interese que a parte de nos que contra esto pasar en parte ou en todo que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser çen moravedis da sobre dita moeda, et a pena e interese pagada ou non esta carta e ho en ela contiudo fique firme e valedeiro para senpre. Feita a carta en Ourense, dez e sete dias de setenbro, era de mill et quatroçentos e viinte annos. Testimoyas Fernan Mateus e Lourenço Martines raçoeyros na dita igleia d’Ourense e Johan Fernandes de Vilaverde escudeiro et Pero Lasso escripvan e Affonso Fernandes e Martin de Montes e Goter coengos d’Ourense e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fiz escripvyr et en esta carta que ende dey ao dito Johan Martines meu nomme e meu signal fiz en testimoyo de verdade que he tal. Et vay escripto entre regloens hu diz casas.

(sinal)