GMH/ÍNDICE A-Z

400

s/d

Pedro Vázquez, cumpridor do cóengo Martín Xestosa, afora perpetuamente ao tamén cóengo Álvaro de Aguiar unha casa en mal estado sita na Rúa da Pixotaría que xa a este lle traspasara Vasco Rodríguez de Espiño, coa condición de reparala e pagar cada ano 16 libras. (fols. 120-121)

Carta de Alvaro d’Agyar, nota enno libro manual, feita e dada a Pero Vasques.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Pero Vasques, vesiño et morador enna çibdade d’Ourense, heree et conpridor que soon et fiqey de Martin Gestosa, coengo que foy enna igleia d’Ourense et teendor da suyçon que ordenou o arçediano don Pero Fernandes + por rason que a dita suiçon et eu asy como teedor ha hunas casas que estan enna çibdade d’Ourense enna Rua da Pixutaría, as quaes parten de hunas casas con outras de Vasco Rodrigues d’Espino e con outras et de Joan Seixiño et ten as portas rua publica da Pixutaría, as quaes casas estan danificadas et despobladas et estan para caeren e yren a danificamento, as quaes casas
+ de liçençia e autoridade de Martin Sanches abade et vigario do señor don Diego obispo d’Ourense que me da liçençia para esto que se adiante sige (fol. 120)
Vasco Rodriges despino tina aforadas et por ante min as demetío en vos Alvaro d’Agyar, coengo enna igleia d’Ourense \por quanto as non podia reparar nen pagar os foros delas et eu reçeboas porlos ditos foros non pagos et/ et eu reçebivos por foreiro delas et por quanto vos sondes tal persona que as repararedes de todo o que les conprir, por ende eu o dito Pero Vasques dou et outorgo, aforo a vos o dito Alvaro d’Agyar, coengo enna dita igleia d’Ourense que sondes presente et a quatro voses apus o voso finamento asy que vos en vosa vida ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz etç. et asy vaan as ditas vosas voses etç. \et a todas vosas voses para senpre/ conben a saber que vos aforo as ditas casas con suas camaras e su camaras de baixo e de çima e con \a casa da/ sua torre et do çeo a terra e con todas suas entradas et seidas etç., por tal condiçon que apostedes et reparedes as ditas casas de todo o que les faser en tal maneira como non desfalescan etç., des et seys libras de brancos de que contan viinte soldos por libra ou a estimaçon de cada huun anno por cada día de San Martiño et do al que as ajades de disemo a deus livres et quites de todo outro trebuto etç. et he posto condiçon que se pleyto ou contenda ontre nos recreçeren sobre rason das ditas casas por parte de Afonso Rodrigues das Camoyras ou de Gomes Mosqueira de alguna persona \de Afonso Rodrigues ou de seus herees/ en qual quer maneira, que o dito Alvaro da Agyar que quite a paz e a salvo ao dito Pero Vasques e lle page o dito foro en salvo et suso o dito Alvaro d’Agyar o dito pleyto por sua custa, et se quiserdes vender etç. et que primeiramente frontedes a min aos que despois de min ( fol. 120v)
teveren a dita suiçon, et obrigo os beens da dita suiçon para vos faser saan et de paz a dita casa et torre de çima et de baixo et para vos defender con ela a dereito etç. et eu o dito Alvaro d’Agyar obrigou os meus beens de conprir todo asy e pagar o dito foro etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan Peres de Rio Seco et et Nuno d’Erminde e Alvaro de Gordon. Et eu o dito Martin Sanches, abade et vigario sobre dito, asy dou a dita liçençia et autoridade et dou a elo meu decreto e que vala segundo que he feita e outorgada.

En este día et ora et por estas tests. o dito Vasco Rodrigues se obrigou que por rason que por ter de faser saan et de paz a casa da sala - - -