GMH/ÍNDICE A-Z

1339
1481, maio, 26. Lugo
O Cabido de Lugo, ante a renuncia presentada polo cóengo Xoán Arias, afóralles ó mestrescola, á súa criada e a dúas voces o Couto de Vilafrío, os casais de Serés e as herdades de Francelos por renda anual de cincocentos pares de brancas, quedando exonerado deste pago o primeiro beneficiario.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 70 r. e v.

Sepan quantos esta carta de foro et dimitiçon viren como en o ano de mill et quatroçentos et oytenta et un anos, esta feyra, a vinte et seys dias do mes de mayo, sendo juntos las personas benefiçiados da iglesia Catedral de Santa Maria da çibdad de Lugo en seu cabyldo dentro en a Capela de San Vertholameu, lugar acustumado, chamados por son de canpana, segun que han de uso et de custume, aqueles que aly poderen ser juntos, et logo enton Juan Aras de Parega, canonygo en a dita yglesia, diso a los ditos senores do dito cabildo que ben sabian en como el era amystrador d’amystraçon do mes de nobenbro da Capela de Santiago, sita en a dita iglesia, et como tina en foro dos ditos senores o lugar et Couto de Vilafrio con seu senorio et con os casares de Seree et herdades de Françelos, por sy et por outras duas personas, cada hun ano, por contia de dosentos maravedis longos, et que era sua vontade por quanto a o presente estaban en quanpo et ho non podia reparar que o demytia et renunçiaba en os ditos senores del cabildo para que fesesen del foro a Diego Ferrnandes de Luases, mestreescola da dita yglesia. Et logo os ditos senores do dito cabildo diseron que reçebian o dito foro segun et en o modo que o dito Juan Ares lo remetia. Et abido primeyramente consello et madura deliberaçion et bendo et entendendo que fasian seu probeyto et de seus suçesores, et por quanto o dito mestrescola tina myllor gisado de reparar el dito foro, casas et herdades del, diseron que aforaban et aforaron et daban et deron en vervo a o dito Diego Fernandes, mestrescola, o dito lugar et Couto de Vilafrio et os casares de Seres con todas suas herdades, casas, casares, harbores et prados et pastos et as herdades de Françelos, que son d’amistraçon do dito mes de nobenbro, con todos seus dereytos et dereyturas a eles perteeçentes para el en toda sua vida et de sua criada, Costança Ares, muller de Alvaro Dias de Çedron, escudeyro, et de outras duas personas apus deles qual nomear o postromeyro que deles faleçer, et asy suçesybemiente, con condiçion que non posan nomear cavaleyro, nen ome poderoso ningun, nen debedir, nen partir este dito foro, salvo que senpre quede en huna persona. Et demays que faleçendo o dito mestrescola primeyro que a dita sua criada, Costançares, que la dita Constançares en sua vida non posa bender, nen traspasar, nen renunçiar en persona nynguna, nen a o tempo de seu faleçemiento lo posa mandar a persona ninguna, salvo a fillo ou filla, ou neto ou neta do dito Alvaro Dias et seu abendoos y, et non os abendo y a quen ela nomear, et non sendo nomeada que seia aquel ou aquela persona que de dereyto erdar seus bees, con tanto que non seia ome poderoso, segundo dito he, et se o contrario feser que por ese mismo feyto perga o dito foro. Et que den en foro, cada un ano, cada huna das personas quinentos pares de brancas da moeda usal que se correr en este Reyno. Et que en vida do mestrescola que non page nada. Et as personas que suçederen en vida do dito Juan Ares, ou qualquer delas que teber o foro, non aqudan a el mays acudan a o mordomo do cabildo con os ditos quinentos pares de brancas postos en pas et en salvo dentro en a çibdade de Lugo, en cada un ano, por dia de San Martino de nobenbro a o mordomo do cabildo; et estando dous anos que no pagen por ese mesmo feyto pergan o dito foro. Et que tenan en boo reparamento, et as personas que depoys delas suçederen, as casas dos ditos lugares feytas et cubertas et ben reparadas et as herdades delas et as harbores ben labradas en maneyra que as casas non cayan por mingoa de reparo et as herdades se non ban a canpo por mingoa de laborio. Et a faleçemento da postromeyra persona, que soçeder en o dito foro, que os ditos lugares et casas et herdades et harbores delas con todo a eles perteeçente fiquen lybres et desenbargadas a nos, el dito cabyldo, et a nosos suçesores con todos los boos paramientos que en elas foren feytos, et as casas cubertas et reparadas et feytas et as herdades ben labradas. Et aquela ou aquelas personas que suçeder ou suçederen en o dito foro a faleçemento dos ditos mestrescola et Constançares seian obligados daly a trinta dias de se byr presentar por foreyro ante os ditos senores do cabildo, et non no fasendo asi por ese mesmo caso pergan o dito foro.

Et eu, o dito mestrescola, por min et en nome da dita mina criada, Constançares, et personas sobreditas depoys dela asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabildo, con as condiçoes et por lo modo et maneyra susoditos, et obligo a min et a meus bees et os das ditas personas, que depoys de min suçederen en o dito foro, de o conplir et gardar et pagar, segundo susodito he. Et nos, sobredito cabildo, con consintimento do dito Juan Arias, amistrador, asi vos lo outorgamos a Deus et a toda vosa bentura et das ditas personas. Et eu, o dito mestrescola, asi o reçebo por min et por elas. Et para que seia çerto mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en hun tenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, el dito mestrescola, et para vosas personas et outra para nos, el dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos selar a carta de vos, el dito mestrescola, con noso selo pendente.

Que foy feyta et outorgada ano, dia et mes et lugar susoditos. Et los benefiçiados, que lo outorgaron, que foron presentes: Juan Afonso Picado, chantre; et Alvaro Dias da Lama, arçidiago de Sarrea; et Gomes Garçia de Gayoso, arçidiago de Daçon; et Gomes Arias, thesoreyro; et Pedro Ferrnandes das Camoyras, bachiller et vicario do dayan; et Diego Vasques, et Juan Arias de Parga, et Pedro Mendes de Foris, et Pedro Ferrnandes de Vilafranca, vachiller et provisor; et Ruy Dias do Freyxo, et Vaasco Martines de Galdo, et Andres Gonçalves, canonigos da dita yglesia. Et testigos que foron presentes: Ruy Peres, et Fernan Peres, et Fernando Dianes de San Jullao, et Alvaro Ferrnandes de San Jullao, raçoeyros; et Rui Lopes de Teyxeyro, et Pedro Afonso de Maçaos, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo lo que sobredito he en un con os ditos capitulantes, testigos presente foy, et esta carta de dimitiçon et foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et en meu registro et protocolo ha sentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido. Non enpesca donde bay escripto desta outra parte entre renglones que dise non que asy ha de diser et foy erro do escripvano et non biçio.

Materias

administración; administrador; árbore; arcediago; bacharel; beneficiado; branca; cabido; campá; canon foral; capela; catedral; chantre; cóengo; construción; construción; coro; couto; crego; criada; deán; dignidades; escribán; escritura; escudeiro; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; marabedí; mestrescola; mordomo; muller; notario apostólico; pasto; provisor; racioneiro; resignación; rexistro; selo; señorío; subrogación; tellado; tesoureiro; vigairo; xurisdición; renuncia

Persoas

Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria; Álvaro Díaz de Cedrón, escudeiro; Álvaro Fernández de San Xiao, racioneiro de Lugo; André González, cóengo de Lugo; Constanza Ares; Diego Fernández de Luaces, mestrescola de Lugo; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Fernando Eáns de San Xiao, racioneiro de Lugo; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gómez García de Gaioso, notario apostólico; Pedro Afonso de Mazás, crego do coro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo e provisor de Lugo; Pedro Méndez de Furís, cóengo de Lugo; Roi Díaz do Freixo, cóengo de Lugo; Roi López de Teixeiro, crego do coro de Lugo; Roi Pérez, racioneiro de Lugo; Vasco Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Camoiras, As; Cedrón; Dozón; Francelos; Freyxo; Furís; Gaioso; Galdo, Santa María; Lama; Luaces; Parga, antiga xurisdición; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sarria; Serés; Teixeiro, Santa María; Vilafranca do Bierzo; Vilafrío