GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

64
1309, agosto, 4
venda

Urraca Díaz, filla do cabaleiro Diego Díaz, dito Cide, véndelle a Tomé Martínez, procurador do mestre Xoán de Solbeira, unha leira de viña en Calvos, no lugar chamado Pedra Pousadeira, foreira de oitava á Catedral, por 230 mrs. de moeda portuguesa.

ACOu, Escrituras VI, 41


Sabean quantos esta carta virem que eu Orraca Diaz filla de Diago Vaasquez dito Çide cavaleyro que foy da Regueenga, presente miña madre Maria Perez e outorgante, por min e por toda miña voz vendo e por senpre outorgo a vos Tome Martinez morador en Calvos en nome e en voz de meestre Johan de Sorveyra coengo d’Ourense cuio procurador vos sodes, huna leyra de viña que eu ey en Calvos no lugar a que chaman a Pedra Pousadoyra e iaz entre as viñas da terça da huna parte e a dos fillos de Moor Perez e do dito meestre Johan da autra parte e fere na de Pero Martinez çapateyro d’Ourense morador na Ayra do Bispo e vay entestar na de Pero Eanes de Calvos e de Martin Perez seu cuñado. Vendovos a dita leyra de foro de oytava ao bispo e ao cabidoo d’Ourense e livre e quite de todo outro enbargo, con todos seus dereytos e perteenças, assy que o dito meestre Johan aia e pessoya a dita leyra des aqui endeante en jur derdade para por senpre e faça dela toda sua voontade livremente. Et outorgo que reçebi do dito meestre Johan en preço pola dita leyra duzentos e triinta mor. da moeda portuguesa da que contan dez e seys par por tres mor. Et logo todo jur, dereyto, señorio, possisson, propiadade que eu ey e devo a aver de dereyto na dita leyra removoo de min e de toda miña voz e poño o dito meestre Johan e toda sua voz en jur e en corporal possisson de todo. Et outorgo a deffender el e toda sua voz senpre a dereyto con a dita leyra, e para o deffender obligo ao dito Tome Martinez en nome del min e todos meus beens gaañados e por gaañar et renunçio que nunca possa dizer que o dito preço non reçebi do dito meestre Johan e que o non ouve en meu poder e que nunca me possa chamar a engano en aquesta vendiçon sobredita, et se alguen da miña parte ou da estranya que contra esta miña venda que eu faço de meu grado quiser viir ou a quiser enbargar en parte ou en todo aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por pena çem mor. da moeda del rey don Fernando e a pena pagada ou non esta carta ficar senpre firme. O dito Tome Martinez presente e reçebente a dita venda en nome do dito meestre Johan e o jur e a possissom da dita leyra e a obligaçon da dita Orraca Diaz para deffendelo a dereyto con ela. Feyta a carta enno dito lugar da Regueenga, quatro dias dagosto, era de mill e trezentos e quareenta e sete annos. Tests. que a esto foron presentes Johan Perez da Regueenga e Pero Perez desse lugar e Johan Fernandez da Enffesta, Fernan Perez dito Crespo de Seyxalvo e Lourenço Dominguez escrivam morador en Ourense.

Eu Domingo Eanes notario por el rey en Ourense presente fui a estas cousas sobre ditas e fizeas escrivir en mia presença e puge este meu signo en testimoyo de verdade que est atal

(sinal)