GMH/ÍNDICE A-Z

451
1389, decembro, 22
foro

O cabido afóralles a oito voces ao notario Gonzalo Oureiro e á súa muller, Aldara Vázquez, unha casa e forno na rúa da Penavixía e “os soares e ixido das vacas” cun casarello anexo, por 15 libras e o viño acostumado.

ACOu, Escrituras XIII, 24

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense, seendo juntado por canpaan tanjuda na costra nova de San Martiño sigundo que o avemos de uso e de costume, presentes y Martin Peres dito de Montes vigario de don Pero Gonçalvez dean d’Ourense nos contraptos do dito cabidoo, e Fernan Peres abade da igleia da Triindade, Bertolameu Peres, Gonçalvo Martines, Martin Geestosa, Estevoon Gonçalves, Diego Fernandes, Gonçalvo Anes abade da Castineira e Goter Peres coengos d’Ourense, por nos e en nomme do dito cabidoo, damos e outorgamos a foro a vos Gonçalvo Oureiro notario d’Ourense que sodes presente e a vosa moller Aldara Vaasquez que non he presente, e a oyto vozes quaes o pustrimeiro de vos nomear en sua vida ou a tenpo de seu fignamento, et non nomeando as ditas vozes que seia a primeira voz aquel ou aquela que herdar os beens do pustrimeiro de vos de dereito, et aquel seia tiudo de nomerar a sigunda voz, et asy vaan as ditas vozes huna pus outra suçessive. Conven a saber a casa e forno que nos o dito cabidoo avemos en Ourense en Penavigia en que morou Domingo Anes e Mariña Anes, et os soares e ixido das vacas que he de nos o dito cabidoo. Aforamos vos a dita casa e forno e os ditos soares e curral con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos, jures e perteensças sub tal condiçon que reparedes a dita casa e forno de todo o que lle conprir, salvo se falesçer por trave britada ou por fondamento de parede que se aposte por custa de nos o dito cabidoo, et viindo a tenpo de correger e reparar os ditos soares do curral e ixido das vacas que usedes e posades usar e aiades para vos todos los dereitos e rendas que nos o dito cabidoo dende suyamos de aver nos e aqueles que por nos o teveron e usaron. Et dedes de foro de cada huun anno vos e a dita vosa moller e vosas vozes ao dito cabidoo quinze libras de diñeiros brancos contados a viinte soldos por libra aos terços do anno sigundo uso e custume na moeda que correr porlo tenpo. Et que aiades o dito aforamento porlo dito foro do al livre e quite de todo outro enbargo e çenso e trebuto alguun. Et por quanto a casa por que pagan ao dito cabidoo viño aos coengos de cada huun anno por dia de San Briço jaz dapnificada, damos vos e outorgamos vos que aiades con este dito aforamento huun casarello que está junto con a dita casa, soares e ixido das vacas. Et que paguedes aos coengos e raçoeiros da igleia d’Ourense por o dito dia de San Briço aquel viño que foy e he usado e acostumado pagar porla dita casa de San Briço. Et se pleito ou contenda recleçer ontre o dito cabidoo e vos e vosas vozes que seia livre e terminado por dous omes boons do dito cabidoo tomados a praser das partes que o livren e terminen por sentença, toda outra appelaçon remota. Et obligamos o beens da mesa de nos o dito cabidoo para que vos os ditos Gonçalvo Oureyro e vosa moller e as ditas vosas vozes seiades defesos e anparados a dereito con esto que vos aforamos commo sobre dito he enno dito tenpo. Et eu o dito Gonçalvo Oureiro que soo presente por min e por la dita miña moller e porlas ditas nosas voses asy reçebo de vos o dito cabidoo as cousas sobre ditas e cada huna delas aforadas porla maneira e condiçoens que ditas son. Et para pagar de cada anno o dito foro das ditas quinse libras aos terços do anno. Et para conprir e agardar todas las outras cousas e condiçoens que em esta carta son contiudas e cada huna delas, obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto que qual quer de nos as ditas partes que contra esto passar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mrs. da boa moeda et a dita pena pagada ou non que esta carta e aforamento valla e fique firme enno dito tenpo. Feita a carta enno dito cabidoo da dita igleia, viinte e dous dias do mes de desenbro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e oyteenta e nove annos. Testimunyas que a esto presentes foron Estevoon Peres, Fernan Matheus e Estevoon Lamela e Pero Fernandes raçoeiros, Pero Afonso porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Afonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he con as ditas testemunyas presente foy e en miña presença o fige escrivyr et en esta carta que dello dey ao dito Gonçalvo Oureiro meu nome e meu signal aqui fige en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Testemunyas Joan Paas notario e Pascual Rodrigues.