GMH/ÍNDICE A-Z

1
----/--/--[13..]

O Cabido reclámalle ao bispo as pertenzas usurpadas a un racioneiro falecido.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 71r.

Era de mill et CCC [...] en presença de min Iacome Eanes, notario publico de Lugo, et das testemoyas [...] [dom Fernam] Aras dayam, et o cabidoo dese mismo [...] padre et sennor dom Iohan por la graça de Deus obispo de Lugo […] [dom Fernam] Aras dayam, et o cabidoo dese mismo lugar, deysseron et frontaron et pidiron [...] que lles deffeçesse hu agraveo que lles façia, et o bispo diso que llo mostrasen, ca el que o non sabia [...] homes que foran a casa de Iacome Afonso seu raçoeiro, depois de sua morte, et que lle tomaran todas las cousas que lle acharan, esto non era nen fora nunca custume da yglesia de Lugo de o bispo tomar, nen mandar tomar nenua cousa das pesoas, nen dos coengos, nen dos raçoeiros, nen dos clerigos da yglesia, ena vida nen eno pasamento, salvo se tomase sua luctosa aquelles que lle foren teudos. Et o dito sennor obispo respondeu et disso que lle non mandara tomar neua cousa do seu, salvo pol-lo que lle devia, mais que el que lles gradeçia moito affronta que lle façian et o rogo, et prometeulles que d'aqui adeante que lles non queria façer mooria, nen lles pasar en esto, nen en alla suas custituyçoes, nen a huso da yglesia de Lugo, eneua maneira, salvo pol-lo que lle devesen, mais que les faria ante moita merçee. Et de como esto passou por min notario sobredito, o dayam et homees sobreditos pidironme ende hun publico estromento.

Que foy feito, era et dia sobredito.

Testemoyas que pressentes foron: don Fernam Aras, dayam, don Fernam de Deus, chantres, don Dyego Ferrnandes, archidiago de Deçon, don Pedro Royz, ioyz, Lopo Rodrigues, Aras Pellaes, coengos; Iohan Mateis, Iohan Gomes, Nicollas Martines, homes do bispo, et outros moitos.

Eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy, et a rogo do dayam et do cabidoo sobredito esta carta escryvi et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.

SIGNO