GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

828
1380, decembro, 10. Lugo
Xoán de Lovea, clérigo do coro de Lugo, comprométese a saldar a débeda correspondente á igrexa de San Lourenzo de Albeiros.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 82r.

Era de mill et quatroçentos et des et oyto annos, des dias de desembre.

En Lugo en presença de min Alvaro Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas presentes Affonso Eanes, procurador do cabidoo da iglesia cathedral de Sancta Maria de Lugo, et Garçia Rodrigues, rendeyro dos aniverssarios da dita iglesia, Johan de Lovea, clerigo do coro de Lugo, conffessou et disso que a iglesia de San Lourenço d’Alveyros, que he da iglesia de Lugo, de que el he clerigo ha y ben quareenta annos que devya a os aniversarios da iglesia de Lugo viinte et quatro maravedis, de des dineyros cada moravedi, de cada anno et que estos moravedis pagara senpre [...] fora clerigo da dita iglesia de San Lourenço d’Alveyros a o procurador dos aniverssarios, et feço por seu juramento a os santos avangelios et polas ordees que el reçebera que pagara os ditos viinte et quatro moravedis de cada anno desque fora clerigo da dita iglesia a o procurador dos ditos aniversarios; et os ditos Affonso Eanes et Garçia Rodrigues pediron desto testemoyo.

Testemoyas que foron presentes: Johan Peres et Roy Domingues, coyteleyros, et Pero Affonso, moradores en Lugo; et Pero Ferrnandes de Rabade, et outros.

Et eu Alvaro Peres, notario publico sobredito, a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.