GMH/ÍNDICE A-Z

120

febreiro, 26

García Díaz de Cadórniga declara que Pedro Álvarez de Lousada collera por forza certos bens a Xoán Pérez de Rioseco e a veciños da cidade polo dote que dicía que lle debía o dito Xoán Pérez da voda coa súa sobriña. (fol. 38)

Joan Peres de Rio Seco. Esta notado en forma
        na nota.

(A XXVI dias do mes de fevereiro en Ourense, enna igleia de San Martiño, Garçia Dias de Cadorniga diso et confesou que por rason que Pero Alvares de Lousada pinorara a Joan Peres de Rioseco por çertos mrs. que desia que lle devia de casamento que lle ouvera de dar con sua sua sobriña, por ende que o dito \Pero/ Alvares que fesera a dita pinora por força et contra dereito a el e aos ao dito Joan Peres e aos vesiños da dita çidade por quanto el non tiña beens nenhuuns en esta dita çidade nen en seus terminos et que asy o confesava e declarava etç. Tests. Martin Sanches abade et Alvaro Afonso, Gomes de Chantada rejedores, Alvaro Fernandes coengo)*.