GMH/ÍNDICE A-Z

129

marzo, 4

Gómez de Castro, morador en Santiago, obrígase a pagar a Pedro Gómez de Tarascón 720 mrs. por doce moios de viño que lle comprou, a 60 mrs. o moio. (fol. 40v)

Pero Gomes de Tarascon. He pagado e foy dada
por nehuna.

(Et despois desto, quatro dias do mes de março, Gomes de Castro, morador en Santiago, obrigou sy e todos seus beens de dar et pagar a Pero Gomes de Tarascon sete çentos et viinte mrs. de moeda vella, contando branca en tres dños., os quaes ditos seteçentos e viinte mrs. lle deve de dose moyos de viño que del conprou a LX .- cada moyo, que montan os ditos DCC XX .- de que se deu por pago et obrigouse de lle dar os ditos seteçentos et viinte mrs. ata día \de/ domingo de pascoella primeira que ven, penna des mrs., para o qual obrigou sy e todos seus beens, deu poder conprido a qual quer justiça et renunçio etç. Tests. Gonçalvo Martines clerigo et frey Pero monje de Santa Coonba de Naves et Joan do Bouteiro)*. ( fol. 40v)