GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

301

s/d

Gómez Fernández, do alfoz de Chantada, empeña en Estevo Calvo a produción dunha viña ata saldarlle a débeda de 160 mrs. (fol. 95v)

Estevo Calvo, pagadas IIII brancas. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Fernandes, natural do alfoz de Chantada, conosco e outorgo que devo e ajo de dar et pagar a vos Estevo Calvo, morador enna çidade d’Ourense et criado que fostes de Pascoal Rodrigues, çento e seseenta mrs. branca en tres dños. de que me dou por pago etç., por los quaes ditos mrs. vos enpeño e deyto a prendas a miña viña de Castro Verde con sua novidade segundo que a eu teño aforada de Alvaro Gonçalves clerigo de Santiago de Felgoso, a qual dita viña vos enpeño con estas condiçoens, que eu que vos dia estes CLX .- ata dia de Santa Oufemea primeira que ven, e non vos los dando que vos tenades a dita viña e levedes a novidade della, e que pagos los \desco/ e descontados los custos que a dita novidade coller a custar (fol. 95)
que a outra que a ajades en desconto dos ditos mrs., contando o viño a como valuer rega chaan, nen a mayor nen a menor, e non avendo conprimento dos ditos mrs. enna dita novidade, que tenades a dita viña ata que vos día vosos mrs. etç., para o qual obrigo todos meus beens de vosla faser saa e de paz etç. et eu o dito Estevo Calvo obrigo meus beens de o teer asy etç. Penna çen mrs. Tests. Afonso de Logilde, Ares Fernandes alfayate et Vidal de Porqueira.