GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

F-C2
1454( ), decembro, 14
Vasco Martínez, prior de Xunqueira de Ambía, outorga poder ao notario Álvaro Afonso e ao xastre Vasco Pérez do Castro para reclamaren certas débedas, particularmente en Ourense e en Seixalbo. (fol. 1v)

Prior de Junqueira.

Anno sobre dito, dias sabado XIIIIº dias do mes de desenbre, enna dita çibdade d’Ourense, Vasco Martines, prior do moesteiro de Junqueira de Anbia, dou todo seu poder conprido, sufiçiente e bastante a Alvaro Afonso notario e a Vasco Peres do Castro alfayate, vesiños da dita çibdade, para que por el en seu nomme e para el posan demandar, resçeber, aver e cobrar todos e quaes quer mrs. que quaes quer personas lle deven e han a dar e pagar en qual quer maneira, asi enna dita çibdade d’Ourense e arredor dela como enna aldea de Seixalvo e en outras partes et entrar sobrelo en juiso e ajuisar et dar carta e cartas de pago e fin e quito do que asi eles ou qual quer deles por el en seu nomme resçeberen e vallan e sejan firmes como se el mesmo as dese e outorgase e a elo presente fose, sobre lo qual outorgou carta firme etç. e para o aver todo por firme obrigou todos seus beens etç. Tests. Joan Paas notario e Gonçalvo do Bouteiro e Rodrigo de Monterroso escrivan criados do dito Alvaro Afonso.