GMH/ÍNDICE A-Z

275
1331, xaneiro, 18

Xácome Afonso véndelles a Xoán Martíns e á súa muller unha leira de herdade en Espiñeiro, freguesía de San Lourenzo de Albeiros, por 90 soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 D/2, perg. orix., galego, gótica cursiva, 161x94 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iacome Affonso de d’Estiriç de bom curaçon et de boa voontade vendo a vos Iohan Martines, correeyro, et a vossa muller Mayor Peres, huna leyra de herdade que he en Espineyro en la cava, et fere de testa na leyra de Françisco Martines, et de illarga fere en outra leyra deste Françisco Martines, notario, et da outra testa fere en outra leyra de Iohan Domingues, et da outra parte partesse con outra leyra de Martin Peres de Milleyros, su signo de sam Lourenço d’Alveyros. Et resebo de vos en preço por esta vençon noveenta soldos d’esta moneda del rey don Fernando, a quatro dineiros por cada tres, de que soo ben pagado et entrego. Et obligo por min et por todos meus bees de vos façer senpre esta vençon de pas, et dessoie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa voç pus vos todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removido et metudo enos vossos.

Feyta a carta XVIII dias de ianeiro, era de mill et CCC LXIX annos.

Testemoyas: Çibran Ferrnandes d’Orvaçay, et Miguell Peres, morador en Orvaçay; Pedro Eanes et Garcia Ferrnandes, correeyros ts.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, a esta vençon foy pressente et esta carta scrivi et puge en ella meu signal.(+).