1378, marzo, 8. Lugo
Pedro Afonso, perante notario, recoñece a súa obriga ao pagamento de 10
soldos anuais aos aniversarios pola súa casa próxima á Carnizaría de
Lugo.
Era
de mill et quatroçentos et dez et seys annos, oyto dias de março.
En
Lugo en pressença de min Fernando Peres, notario publico de Lugo por
lo sennor obispo desse lugar, et das testemoyas subscriptas Pedro
Affonso, mercador, morador enna rua de Vermun Sanches, conffesou et
disso, pressente Jacome Peres, procurador dos aniversarios da iglesia
de Lugo, que avian de aver et levar os ditos aniversarios dez soldos
desta moneda que ora corre, a quatro dineiros brancos por cada tres
soldos, en cada hun anno por la sua cassa nova que el feço que esta
açerca da Carneçaria de Lugo, por manda que disso que delas feseran
a os ditos aniversarios Iohan Affonso, fillo de Affonso Peres do
Carvallar, que foy, por hun quinon que el avia enna dita casa d’ante
que a el fesese. Et o dito Jacome Peres pidio delo testemoyo.
Testemoyas:
Aras Vaasques de Mera; Vaasco Peres de Carvallido; et Diego escrivan,
fillo de Diego Alvares de Bobeda, et outros.
Et
eu Fernando Peres, notario publico sobredito, a esto que sobredito he
con as ditas testemoyas pressente fuy et aqui puge meu nome et meu
signal en testemoyo de verdade.