GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

308
1351, marzo, 3 (Pereiro de Aguiar)
cambio

Lopo Rodríguez de Sabadelle cambia con Xil Rodríguez e a súa muller, Costanza González, o seu casal de Cacabelos e unha leira en Costela polo casal do Carril e 80 mrs.

ACOu, Escrituras X, 22

Sabeam quantos esta carta virem que esta he canbea feyta de prazer das partes adeante escriptas, a qual fezerom ontre sy para (senpre) valedeyra Lopo Rodriguez escudeiro d’Aguyar por sy da huna parte et Gil Rodriguez e sua (moller) Costança Gonçalvez con sen outorgamento da outra parte. Conven a saber que os ditos Gil Rodriguez e sua moller Costança Gonçalvez dam e outorgam ao dito Lopo Rodriguez que aia en jur de herdade para senpre ho casar de Carril que eles teem na villa de Nugueyroaa con todas suas herdades e arvores e casas e montes e pastos e perteeças, tirado ende a leyra da Pena Lobeyra e as castañas do souto das Donas que reteem et guardam para sy e que lle y non dam. O qual casar diziam que lles dera en casamento Ruy Perez dito Bulsiño escudeiro que foy d’Aguiar. Et por esto o dito Lopo Rodriguez deu e outorgou aos sobre ditos Gil Rodriguez e sua moller que ouvesem daqui endeante en jur de herdade para senpre o seu casar de Cacavellos que jaz na fiigresia de Santa Maria de Feramontaaos com todas suas herdades e casas e arvores e montes e pastos e com todas suas perteenças, et com a leyra de terreo que o dito Lopo Rodriguez aynda tiiña en Costeela e en seus termios. Et de mays lle deu aynda en melloria oyteenta mor. de diñeiros brancos. Deronse estes (sobre) ditos huuns aos outros as herdades e cousas sobre ditas (en) canbea assy que cadaun ouvesse e pessuyse o que lle o outro dava en jur de herdade para senpre de dezemo a deus e livre e quite doutro enbargo. Et prometeron et outorgaron que cadaun deles anparase o outro com as herdades et cousas sobre ditas que lle dava en canbea a todo tenpo por todos seus beens guanados e por guañar que para elo obligaron. Et posero[n] entre sy que qual quer deles que contra esta canbea que fazian de seu plazer et da sua propia voe[n]tade veese ou pasase commo quer ou en qual quer maneira que peytase de pena aa outra parte que por ela quisesse estar duzentos mor. de dineiros brancos. Et a pena pagada ou non que esta carta e canbea valuese e fose firme para senpre. Feyta a carta na villa do Pereiro que he en terra d’Aguiar, tres dias de março, era de mill e trezentos e oyteenta e nove annos. Testemuyas Vaasco Perez ome de Vaasco Lourenço cidadaao d’Ourens[e], Roy Martines prelado da igleia de Sabadelle, Johan Affonso fillo de Martin Afonso de Ruvyaaes.

Et eu Affonso Eanes notario publyco en terra d’Aguiar porla igleia de Santiago que a esto presente fuy et o escripvy e meu nome et sinal hy puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)