GMH/ÍNDICE A-Z

493
13961396, novembro, 20
foro

Os clérigos do coro afóranlle a tres voces a Xoán de Cambeo, clérigo do coro, unha casa chá na rúa do Vilar por 3 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 135

Sabbean quantos esta carta viren commo nos a oniversidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense estando juntados enna claustra de Santa Maria a Madre a seyda de sua missa apregoada segundo que han de husso e de custume, conben a saber Martin Yanes procurador da dita oniversidade et Johan Fernandes capelan de Santa Ouffemea et Garçia Gonçalves mayordomo da dita oniversidade et Fernan Anes escusador enna dita capela de Santa Ouffemea et Roy Lourenço et Vaasco Çide dobreiros et Johan de Souto et Rodrigo Anes do Pe et Pero Ares et Affonso Rodrigues et Roy Gonçalves e Johan d’Agoada et Pero Anes de Pinor et Pero Anes de Ribella et Gonçalvo do Canpo et Lourenço Fernandes et Lourenço Anes clerigos do coro, todos juntados outorgamos et ninhun non contradisendo, fezeron en presença de min notario et testemuyas adeante escriptas este foro segente en estas palavras que se seguen: Nos a oniversidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense, damos en foro e outorgamos a vos Johan de Canbeo clerigo do dito coro nosso conpaneiro en vossa vida et a tres vozes apus vossa morte, quaes vos nomeardes et non as nomeando que seian vozes os que os outros vossos beens herdaren de dereito, assy que vaan as ditas vozes huna pus outra subcesive, huna nossa casa chaa que a dita oniversydade et nos en seu nomme avemos en Ourense enna rua do Villar, a qual casa parte de hun cabo porlla canella que vay da dita rua do Vilar para a igleia da Triindade, et do outro cabo parte con hun soar que foy casa que perteençe a dita igleia da Triindade et ten as portas publicas enna dita rua do Vilar. Damos vos a foro a dita casa commo dito he con todas suas entradas et seydas et con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que as moredes ou façades morar et as reparedes ben de todo o que lles conprir en tal maneira que non desffalescan por mingoa de lavor et de boon paramento. Pero he posto que se a dita casa caer por fondamento de parede ou por trave birtada, o que deus non queyra, que se aposte et repare porlo foro que avedes a dar da dita casa. Et dedes ende et as ditas vosas voses por dia de Natal de foro en cada hun anno a nos ou a nosso moordomo tres libras de dineiros brancos contados viinte soldos por libra ou a estimaçon delas enna moeda que correr, et do al que aiades a dita casa durantes as ditas voses de desimo a deus livre et quite de todo outro enbargo et encarrego algun. Et he posto que se vos o dito Johan de Canbeo ou as ditas vosas voses quiserdes vender, deytar ou subpinorar a dita casa que primeiramente frontedes con ela a nos os ditos clerigos do coro et nola dedes por lo justo preço que vos outre por ela der ante ca a outro algun. Et obrigamos todos los beens da nossa oniversidade gaañados e por gaañar para vos anparar et deffender a dereito enno dito tenpo con esta dita casa que vos afforamos commo dito he. Et eu o dito Johan de Canbeo que soon presente por min et por las ditas vozes assy o outorgo e reçebo en min a dita casa aforada de vos os ditos clerigos do coro et procurador e moordomo et contador da oniversidade delles porla maneira e condiçoens sobre ditas, et para a morar ou faser morar et a reparar e manteer et pagar o dito foro en cada hun anno et conprir e agardar as condiçoens desta carta et cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto que non posades faser manda nen oniversario a outra igleia nen moesteiro nen santuario algun porla dita casa sacado aa dita universidade et a nos en seu nomme. Et he posto penna ontre nos as partes que qual quer de nos que contra esto pasar et o non conprir et agardar que peyte a outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de penna e de interese çen mor. de dineiros brancos, et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valla enno dito tenpo. Feyta a carta en Ourense, viinte dias do mes de nove[n]bro do anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e seys annos. Testimuyas que presentes foron Roy de Montes et Fernan Peres omme do dito Roy de Montes et Rodrigo Afonso sobrino de Pero Fernandes sancristan da Triindade et outros.

Et eu Estevo Peres coengo de Tui, publico notario porla auctoridade apostolica e notario e chançeller da igleia e çidade de Ourense que a esto que sobre dito he con as ditas testimuyas presente foy he ocupado de outros negocios esta carta de aforamento por outro fielmente fiz escripvir e meu nome e signal aqui puge en testimuyo de verdade rogado e requerido.

(sinal)

[reverso] Carta de foro da casa do Vilar que tebo Juan de Canbeo clerigo.