GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

94
1313, xaneiro, 21
venda

Pedro Martínez, morador na Aira do Bispo, véndelles ao seu irmán Lourenço Martínez e á súa muller, María Iáñez, un soar con curral e medio lagar e media pendella, en Pazos de San Clodio, por 50 libras de moeda portuguesa.



ACOu, Escrituras XXI, 97

(Enno) nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta virem que eu Pero (Martinez) morador en Ourense na Ayra do Bispo \por min/ e por toda miña voz vendo e (para) senpre outorgo a vos Lourenço Martinez meu yrmao morador y na Ayra do Bispo e a vossa moller Maria Anes e a toda vossa voz para por senpre hun soar de terreo con seu curral e o meo daquel lagar que y esta con a meatade da pendella que eu ey na vila de Paaços de San Croyo que conprey de Fernam Martinez e de Maria Martines que moraron y en Paaços enno lugar a que chaman Outeyro, o qual soar iaz a par da casa de Pero Martinez que foy d’Outeyro e de sua moller Maria Peres e commo parte con o meu quinnon do curral, assy commo volo peeguey e assyney por omes boons. Vendovos estas cousas sobreditas con sas entradas e seydas livres doutro enbargo, asy que vos e toda vossa voz os aiades livresmente des aqui endeante en jur derdade para por senpre e façades delas toda vossa voontade. Et outorgo que reçebi de vos en preço por elas çinqoenta libras da moeda portuguesa de que contan quareenta par de diñeiros novos por tres libras. Et por esta carta vos poño no jur e na possissom desta vindiçon sobredita, et outorgo a defender vos e toda vosa voz senpre a dereyto con ela, e para vos defender obligo a vos min e todos meus beens gaanados e por gaanar. Et se alguen da miña parte ou da estraya que contra esta vindiçon que vos eu faço de meu grado quiser viir aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por pena çem mor. e esta carta ficar senpre firme. Feyta a carta en Ourense, viinte e hun dia de janeyro, era de mill e trazentos e çinqoenta e hun anno. Tests. que a esto foron presentes Fernan Çeboliño e Pero Perez de Paaços e Lourenço Dominguez escrivam morador en Ourense.

Eu Domingo Eanes notario d’Ourense por lo senor obispo e pola ygleia dese lugar fuy presente e figea escrivir en mia presença e puge este meu signo que e tal. E suso na segunda liña no dia eu a fiz enterlinar.

(sinal)