GMH/ÍNDICE A-Z

18

1416, decembro, 17.
Os serventes do Concello, Sueiro Afonso da Enfesta e Gonzalo Pérez de Baldomar, recoñecen que recibiron do procurador 90 maravedís cada un, do seu salario anual.

Des et siete dias do mes de desenbre. Sabean todos que eu Sueyro Afonso de Enfesta et Gonçalvo Peres de Baldomar, serventes do conçello da çidade de Santiago, outorgamos et connosçemos que reçebemos de vos Gil Peres, procurador do conçello da dita çidade çento et oytenta moravedis, contando branca en tres dineiros cada ũu de nos noveenta maravedis os quaes son de nosos selario que avemos de aver do dito conçello deste anno de mill et quatroçentos et des et seis annos et se fiinçera enno mes de janeiro que ven enno anno do Nasçemento de Noso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete annos onde confesamos que somos delo entregos et renunçiamos a toda eixençon que non digamos onde o contrario et a a ley etc. Testemoyas Juan Rodriges Alvariño et Pero Gomes do Ciquelo, visiños da dita çidade et Juan Meendes, notario de Vigo et Afonso Peres, scrivan.
ESTA FEIRA DIA DE NATAL VIINTE ÇINQUO DIAS DE  DESENBRE ANNO DOMINI Mº CCCCmo DECIMO SEPTIMO.