GMH/ÍNDICE A-Z

1003
1426, maio, 9. San Vicente de Deade

Don Xoán Ruíz, vigairo do bispado de Lugo, afóralles a Vasco Martínez e a dúas voces un casal de herdade en San Martiño de Sios por renda anual de dous canados de viño e catro marabedís de luctuosa.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/16, perg. orix., galego, cortesá, 267 x 207 mm.
     

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu don Johan Ruys, bachiller en decretos, arçidiano de Grado en a iglesia de Ovedo, et vicario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo muyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, veendo et entendendo que he probeyto do dito senor Obispo et sua mesa obispal, aforo a vos Vasco Martines de San Martino da Cova et a duas personas a pus vos, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeadas que seian quen erdar vosos bees de dereito, conven a saber que vos aforo hun casal de erdade que Obispo ha en a figrisia de San Martino de Sioos, que esta cabo do lugar de Sanbadin, con todas suas eredades et casas et arvores et formaes, a montes et a fontes, por hu quer que vaan so u dito sino, a tal pleito et condicion que labredes et paredes ben o dito lugar et tiredes de monte as erdades que en el iasen, et enderesedes et façades as casas do dito lugar que ias derribado, et tendades todo en boo paramento; et dedes de foro et renda en cada hun ano, vos et as ditas persoas depus vos, por todas las cousas que Deus der en o dito lugar dous canados de boo vino puro, posto en pas et en salvo en a dita figrisia a o que tever et coler o celero de Deade por lo senor Obispo, et os outros tributos que el deve; et que seiades obedientes a o senor Obispo de Lugo et sua iglesia; et por loytosa que paguedes vos et as ditas persoas depus vos cada hun a sua morte quatro maravedis de moneda vella branca, en tres dineiros, et non mays; et a finamento da postrimera persoa que o dito lugar et eredades fiquen ben labradas et reparadas, libres et quitas et desenbargadas con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos a o dito senor Obispo et sua iglesia.

Et eu, o dito Vasco Martines, por min et por las ditas persoas asy resçebo de vos, o dito vicario, o dito foro por las maneras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees et das ditas persoas de o atender et conprir et pagar todo asi. Et eu, o dito vicario, asy vos lo outorgo et porque seia çerto mandeyvos delo dar esta carta de foro firmada de meu nome et selada con meu seelo et signada do notario iuso scripto.

\Feyta/ et outorgada en a figrisia de San Viçenço de Deade, nove dias de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan d’Outeiro et Fernando Rodrigues Traveso, scripvano del Rey, moradores en Lugo; et Alvaro Lopes de Cangas, escudero, et outros.

Jo. archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar et en todo seu obispado, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente fui, et este foro scripvir fis em mina presença a pedimento do dito Vaasco Martines et por mandado do dito vigario, que aqui vy firmar de seu nome, et aqui puje meu nome et sinal en testemoyo de verdade.

Alvaro Fernandes, notario.