(...)
(fol. 64fv) era fiador dise/ron\ os ditos alcalldes que visto as ditas obrigaçoens e pedimentos e autos feitos porlas ditas partes et en como o dito Joan de Lugo se demetira deste nagoçio e o non açeutava et visto en como a obrigaçon que o dito Lopo Pega fesera ao dito Fernando de Loley era primeiramente feyta ante que a do dito señor obispo, por ende que alçavan o dito enbargo que estava posto ennos ditos mrs. en poder de min o dito notario et que mandavan faser a paga delles ao dito Fernando de Loley e seu procurador en seu nomme fasta en conprimento do contiundo enna dita obrigaçon, descontado o que dela hera pago et o mays que llo pagasen se ende ouvesen tantos mrs., et se alguuns sobejasen (que)* el pago de sua obrigaçon et o mays restante que o pagasen en pago da dita obrigaçon do dito señor obispo, de que eran fiadores os ditos Afonso Caldellas e Joan Fernandes e Fernando Lopes, e /diseron que apellavan +\ (as partes consentiron)*. Tests. Gonçalvo de Monterroso, Pero Fernandes notario, Gomes de Ribadiso, Alvaro de Rubyn, Alvaro Fernandes pregoeiro, Gonçalvo Çarreda.
+ et os ditos alcalldes diseron que lle denegavan a dita apelaçon.