GMH/ÍNDICE A-Z

65
1433, setembro, 21

Inés Alvares, muller de Pedro Ares de Aldán, vasalo do Rei e xurado de Pontevedra, afora para sempre a Domingo Paris, mareante, veciño da vila, unha casa na rúa de Juan Negreiro, na Moureira de Pontevedra, por foro de 60 maravedís, e unha pescada fresca.

(ff. 28 v-29 v)

XXI dias do dito mes. Sabean todos que eu Ynes Alvares moller de Pero Ares d´Aldãa, basalo del rey et jurado da villa de Pontevedra, que soo preente et que faço por min et por todas mĩas vozes con poder et liçençia et outorgamento do dito meu marido, que presente esta et outorga et me da poder et liçençia et outorgamento para faser et outorgar esto aqui endeante contiudo, aforo et dou en aforamento deste dia de San Migell que seera en este dito mes de setenbre deste dito ano para todo senpre a vos Domingo Paris, mareante besiño da diva villa de Pontebedra que sodes presente, et a bosa moller Taraja Paris et a todas vosas vozes et suas a mĩa casa, disimo a Deus, que esta ena Rua que dizen de Juan // Negreiro que he ẽna Moureira, arrabalde da dita villa, da fiigresia (roto) casa se ten de longo da hũa parte por parede con outra casa en que agora mora Garcia (roto) mareante, besiño da dita villa, et eso mesmo se ten por parede con outra casa de Pero Cruu, o vello, jurado da dita villa, et sal a dita casa con portas aa dita Rua de Juan Negreiro et eso mesmo a Rua do Eirado que esta da outra parte, que se entende que ha saida de rua a rua, et a qual a min perteesçe por herança de meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me pertesca, et aforovos a dita casa con seu tarreo, pedra, tella, ferro et madeira et con seus pousos, jures et agoas vertentes et con seu alto et baixo et de ancho et de longo et con todas suas entradas et seydas et perteenças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por tal via et condiçon, que reparedes a dita casa de pedra, tella, ferro et madeira et de todos los outros lavores et adubeiro que ela ouver mester en maneira que non desfalesca por mingoa de restauramento, et devedes vos et a dita bosa moller et vosas vozes de dar a min et a mĩas vozes por foro, trebuto et çenso da dita casa en cada un ano sen desconto algũu sasenta maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros et mas hũa pescada fresca, os quaes maravedis et pescada devedes pagar por los terços de cada un ano, de que logo me destes et eu de vos resçeby mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda, que he o trebuto et foro dos primeiros viinte et dous anos venideiros et dos ques ditos mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda me eu outorgo por entrega et paga a mĩa voontade por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio as leis que dis de non numerata pecunia et do Beliano que falan en favor das molleres et a toda outra exeiçon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non balla, et por esto que dito he, eu nen mĩas bozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por disermos et alegaremos que ouvo et ha en elo engano mas da metade do justo preço nen por outra rason algũa. Et avendo vos et a dita bosa moller ou vosas vozes debendo sopenorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes et eso mesmo eu ou mĩas vozes o trebuto et foro da dita casa propiedade dela, devemos faser hũus aos outros tanto por tanto, segundo que nos outro de et seeremos frontados sobre elo. Et eu o dito Domingo Paris, que asi soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas bozes asi resçebo et outorgo este dito aforamento por las maneiras et condiçõos sobreditas et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes o tenamos et conprimos todo asi como dito he. Et demas, eu a dita Ynes Alvares que asi faço por min et por las ditas mĩas bozes, et eu o dito Domingo Paris que asi faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, queremos et outorgamos que se outro foros ou contrabtos algũu desde oje este dito dia endeante paresçeren, que sejan feitos por nos ou por nosos anteçesores, da dita casa antes desto que non vallan nen façan fe en juiso nen fora del, ca nos os renunçiamos et damos por ninhũas et queremos que non vallan nen façan fe en juiço nen fora del, salvo este que oje este dia asi outorgamos; et esto todo como dito he prometemos et outorgamos que nos et nosas vozes o tenamos et conprimos asi como suso scripto he, aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por todos nosos bẽes movles et raises que a elo obligamos et so pena de dous mill maravedis da dita moeda, que outorgamos que peite et page por pena et en nome de interese // se o asi non tover, conprir et agardar a outra parte ou partes de nos que o asi toveren conpriren et agardaren. Et eu o dito Pero Ares, marido da dita Ynes Alvares que asi soo presente asi outorgo este sobredito foro et dey et dou poder et liçençia et outorgamento aa dita mĩa moller para o faser et outorgar segundo que se en el conten, et prometo et outorgo de o teer et conprir asi so a dita pena, et a pena pagada ou non esto, como dito he, este senpre firme. Feito o estromento na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Domingo Saramago, juis de Çedofeita, Juan Bieytes Conpano, mareante, et Bernal Fariña, moradores na dita billa de Pontevedra, et Gonçalvo Mendes, juis da villa de Vigo, et Estevõo Rodrigues da Madanela, escudeiro do dito Pero Ares, et outros.

Feita.