GMH/ÍNDICE A-Z

8
1433, abril, 16

Pero Cruu o vello, xurado de Pontevedra, vende a Juan Afonso da Pedreira, notario da vila, un censo de 16 mrs. anuais que ten sobre as casas en que éste mora na Rua do Rego, por precio de 400 mrs.

(f. 6)

Dez et seys dias de abril. Sabean todos que eu Pero Cruu, o Bello, jurado da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, non constregudo por forza nen por engaño resçibido mas de mĩa livre e propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Juan Afonso da Pedreira, notario da dita villa, et a vosa moller Sancha Oanes, et a todas vosas voses dez et seis mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que eu en cada un ano en salvo para todo senpre devia et avia de aver do çenso et tributo en aquelas casa, sotoos et sobrados en que vos o dito Juan Afonso agora morades, que son ẽna Rua do Rego da dita villa fiigresia de San Bertolameu, os quaes se teen de longo con outras casas de Martin Diego Curugeira et da outra parte eso mesmo de longo con outras casas en que agora mora Maria Afonso de Ribeira et ban seir con seu eixido aa Rua de Orraqua Cosoiro et eso mesmo sae con portas et portaes aa dita Rua do Rego et vendo, como dito he, os ditos dez et seis mrs. et todo outro dereito et auçon et propiadade que eu asi aja et deva aver ẽnas ditas casas por contia de quatroçentos mrs. da dita moeda vella que de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas et de que me outorgo por entrego etc… et renuncio etc... et se mas bal etc... et todo jur etc... anparar etc, pena o doblo. Et eu o dito Juan Afonso que asi soo presente et que faço por min et en nome da dita mia moller et nosas vozes asi o resçebo. Testemoyas, Afonso Suares, caldereiro, et Ares Lopes de Lamas, pedreiro, et Juan de Nogueira, medidor do sal et outros.

Lourenço Eanes, notario. Signum.